Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas

  • Patricia Iglesias leva a cuestión ao Parlamento galego cunha iniciativa para esixirlle solucións á Xunta

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” do CPI de Zas e rexistra unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións a esta problemática por parte da Xunta de Galicia.

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias mantivo unha serie de reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, na que a zaseira trasladoulle á deputada as reivindicacións da ANPA do centro, que presenta goteiras e humidades entre outras deficiencias.

“Os que somos nais e pais non queremos que os nosos nenos e nenas vaian a un colexio nun estado lamentable”, sinala a deputada socialista. “O Concello de Zas é un gran esquecido para a Xunta de Galicia”, engade.

A socialista lembra que o PP rexeitou as emendas presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista para engadir investimentos en Zas nos orzamentos da Xunta para 2026, e indica así mesmo que, ademais do CPI de Zas, o CEIP Labarta Pose tamén presenta numerosas deficiencias.

“Rexistramos no Parlamento unha iniciativa que debatiremos en vindeiras datas, onde reclamamos á Xunta de Galicia, en concreto á Consellería de Educación, que dunha vez por todas atenda a necesidade de que se faga unha reforma integral do CPI de Zas”, anuncia Iglesias.

“Non queremos parches, queremos que a Xunta de Galicia colla o touro polos cornos, que ten o orzamento necesario, e que faga esa reforma integral que vén reclamando desde fai moitos anos a comunidade educativa”, conclúe.


Patricia Iglesias – CPI Zas – xan26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes