O PSOE da Laracha critica que o concello empregue 21.000€ da Deputación para mercar mesas e cadeiras
- Inés Ramos López considera que estes fondos “deberían ser destinados de xeito directo á asistencia aos veciños e veciñas”
O PSdeG-PSOE da Laracha critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras. O gasto enmarcaríase dentro do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación.
Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera “unha falta de acción política e de coñecemento da realidade que o Partido Popular destine esa cantidade a comprar un equipamento de oficina dentro da área de Servizos Sociais”.
Sinalou que isto é “unha forma perversa de gastar fondos públicos que deberían ser destinados de xeito directo á asistencia aos veciños e veciñas da Laracha que o precisan de xeito inmediato”.
Ramos afirmou no pleno que dende o PSdeG local votaron a favor dos orzamento municipais “por responsabilidade política, porque aquí se solicitan fondos para atender á veciñanza, pero esta partida de 21.000 euros para equipamento de oficinas tería que estar empregada en axudas ou equipamento para atención directa ás veciñas e veciños que o precisan”.
Ademais, a socialista lembrou que Galicia é “a comunidade autónoma que menos informa á cidadanía dos dereitos á dependencia, e a Laracha non é unha excepción””.
“Xoves que non poden alugar e independizarse, problemas de mobilidade no transporte público, instalacións municipais deportivas pechadas e outras que están a cobrar cuotas e non poden usarse, maiores aos que non lles alcanzan os cartos para que poidan ser cuidados nas súas casas… Hai moito para onde mirar que non sexa un mobilidario de oficina”, enumera Ramos.
“Xa lle digo que pode dispoñer da miña cadeira, só teño que usala nos plenos cando veño aquí. Aínda que a cadeira que tiña que cambiar é a súa. Máis de 20 anos de estancamento desde que se sentou como alcalde neste concello”, concluíu Inés Ramos.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS