Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia no Parlamento que “O PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”

  • Aitor Bouza lamenta que o goberno autonómico admita que non hai previsión orzamentaria para unha residencia que reclamaron no pleno municipal

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “o PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”. Sinalouno o deputado Aitor Bouza logo de que o goberno autonómico respondese por escrito a unha pregunta neste sentido formulada polo Grupo Parlamentario Socialista.

Sería “unha residencia para maiores que foi reclamada en agosto do ano 2025 por unanimidade polo pleno, por todos concelleiros e concelleiras, incluídos tamén os do Partido Popular”, lembra o socialista despois de que a Xunta admitise que non hai previsión orzamentaria para a construción da residencia.

“Esa é esa coherencia que ten o PP en Galicia, votando unha cousa nun concello, e despois, cando ten que facela o propio goberno do señor Rueda, do PP, pois di claramente que non pensa cumprir con todos eses veciños e veciñas”, critica Bouza.

O parlamentario reclama “que se faga de inmediato esa residencia” e “que se incorpore unha partida orzamentaria neste ano 2026 para que comecen todos os trámites necesarios e pertinentes, para que sexa unha realidade canto antes”.

“O que faremos, como sempre, é defender os intereses das veciñas e veciños”, afirma Bouza, anunciando que presentará “unha batería de iniciativas para que se debata e se discuta no Parlamento”. “Esperemos que manteñan ese voto a favor da moción presentada no mes de agosto do ano 25 no concello de Oroso”, conclúe.


Aitor Bouza – Residencia Oroso – xan26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes