Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Frades reúnese coa Deputación e anuncia o seu compromiso de iniciar as obras da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo

  • Enrique Astray explica que as obras comezarán “coa maior brevivade posible”, estando pendente só o sondeo arqueolóxico

O PSOE de Frades logra o compromiso da Deputación para iniciar as obras da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo “coa maior brevidade posible”. As expropiacións xa están completadas e o orzamento  xa está consignado, faltando só o sondeo arqueolóxico.

Así informaron os membros do Grupo Municipal Socialista en Frades, Enrique Astray e Lucía García, despois de reunirse co portavoz do goberno da Deputación e secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández,  para analizar o estado do proxecto da senda, ubicada na estrada provincial DP-3802.

Tras o encontro, Astray explicou que lle trasladou ao portavoz socialista na institución provincial a necesidade de acelerar ao máximo os trámites pendentes, e este manifestou que existe o compromiso de comezar as obras tan pronto como se rematen os sondeos arqueolóxicos preceptivos que se están realizando e estes sexan aprobados pola Dirección xeral de Patrimonio da Xunta.

O portavoz do PSOE de Frades destacou que o proxecto se atopa nunha fase moi avanzada, polo que só resta este trámite para dar luz verde ao inicio das obras. Unha vez concedida esta autorización, a Deputación contratará e executará o proxecto nunha única anualidade.

A senda peonil, cun investimento de 527.175,85 euros, contará cun percorrido duns 2,5 quilómetros entre Ponte Carreira e Aiazo, mellorando “de forma decisiva a seguridade viaria nun tramo con alta circulación e sen espazos habilitados para peóns”, sinala Astray.

O socialista subliñou que esta actuación é “unha reivindicación histórica da veciñanza e unha prioridade para o PSOE de Frades”, e agradeceu o compromiso expresado polo portavoz dos socialistas na Deputación para garantir que, unha vez superado o trámite, as obras se leven a cabo sen demora. Pola súa parte, Bernardo Fernández incidiu no compromiso da Deputación coa mellora da seguridade viaria no municipio e recoñeceu o papel impulsor do portavoz socialista local para que esta infraestrutura avance e sexa unha realidade canto antes.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes