Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia que “non hai a máis mínima regularidade” nas liñas de autobús de Betanzos á Coruña e a Ferrol

  • Silvia Longueira anuncia unha iniciativa parlamentaria para instar á Xunta a que inspeccione as incidencias e repoña as frecuencias da liña A Coruña-Betanzos

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “non hai a máis mínima regularidade nos horarios nas liñas que aparentemente están en vigor” entre Betanzos e as ciudades da Coruña e Ferrol. 

Silvia Longueira, parlamentaria socialista, incide en que “o habitual é chegar a unha parada e esperar máis de media hora, ou non poder subir ao autobús porque xa vai cheo non poñen outro”. 

“Deixan aos pasaxeiros en terra e obríganos a trasladarse en taxi”, lamenta a socialista, que apunta tamén o caso de “nenas e nenos que teñen que perder horas lectivas porque quedan sen medio de transporte se están ata o final das clases”. 

“O concello denunciou hai meses esta realidade ante a Xunta de Galicia, que fai oídos xordos ante esta indefensión da cidadadanía de Betanzos”, critica Longueira. 

A parlamentaria anuncia unha iniciativa parlamentaria neste senso, que insta á Xunta de Galicia a “inspeccionar ás incidencias da liña de autobuses A Coruña – Betanzos, dando conta a esta cámara, no prazo dun mes, dos retrasos e anulacións de servicios de transporte”.  O texto esixe tamén “Repoñer de inmediato as frecuencias de autobús da liña A Coruña – Betanzos nos tramo horario de maior frecuencia para acudir e retornar ao traballo entre ambas poboacións”. 


Silvia Longueira – Transporte Betanzos – dec25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes