- Aitor Bouza presentará unha batería de iniciativas no Parlamento galego para pedir que se habiliten espazos cubertos axeitados e unha mellor planificación
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para denunciar deficiencias no centro de saúde Fontenla Maristany de Ferrol e esixirlle á Xunta de Galicia unha solución ás mesmas.
Isto vén provocado logo de que múltiples pacientes denunciaran que tiveron que facer cola baixo a choiva para agardar por unha extracción para unhas analíticas neste centro de saúde.
O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que isto se debe “ás condicións nas que se atopa o centro” e á súa falta de organización, xa que “non había capacidade para estar dentro e tampouco planificación para que houbese unha atención organizada e ordeada”.
O socialista esíxelle “tanto á Xunta de Rueda como á propia xerencia da área sanitaria de Ferrol que actúen con dilixencia para que se habiliten de maneira inmediata os espazos cubertos de resgardo ou zonas interiores adecuadas” pare que se garanta “algo básico, como é a protección fronte ás condicións meteorolóxicas adversas”.
Tamén pedirá “que se mellore a organización das citas e tamén do fluxo dos pacientes, coa fin de que se eviten esas aglomeracións e os tempos de espera absolutamente prolongados nas extraccións”.
Finalmente preguntará ao goberno galego “se teñen pensado correxir estas eivas que están a producirse dentro deste centro de saúde que, por desgraza, non é o único”, co obxectivo de que “non volva outra vez a castigar a Ferrol coas súas propias políticas sanitarias, nas que deixa abandonados os veciños e veciñas.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS