Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Coristanco denuncia a negativa do concello a facilitar información sobre o pozo e a auga do CEIP Canosa-Rus

  • José Manuel Pérez Abelenda explica que o goberno municipal non aportou a documentación solicitada por rexistro a principios de mes 

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco “lamenta e denuncia publicamente a actitude do Goberno Municipal, que rexeita entregar a documentación solicitada en relación co pozo situado no CEIP Canosa-Rus, vulnerando o dereito á información e á transparencia que deben rexer a xestión pública”.

O grupo socialista solicitou por rexistro a primeiros do mes de novembro todas as actas de recollida das mostras de auga do pozo en cuestión, todos os resultados das analíticas realizadas das augas do citado pozo e copia das autorizacións de todos os organismos competentes implicados para facer un pozo no CEIP Canosa-Rus.

A negativa a entregar esta documentación por parte do Concello “é inaceptable e contraria aos principios democráticos”, lamenta o voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda.

“A cidadanía ten dereito a saber se a auga que foi conectada dende un pozo feito polo Concello no patio do centro educativo cumpre cos estándares sanitarios e se se seguiron os procedementos legais para a construción de dito pozo”, engade.

Dende o PSdeG coristanqués consideran que “esta falta de transparencia non só obstaculiza a labor de control político, senón que tamén xera incerteza sobre a seguridade e legalidade das instalacións do centro educativo”.

Por iso, anuncian que, no pleno de hoxe volverán reclamar que se entregue a documentación requerida e realizaran diferentes preguntas sobre o cumplimento da Lei para levar a cabo a construcción do pozo, a conexión na rede do centro escolar e sobre dos resultados das analíticas realizadas. “Non pedimos nada extraordinario, só o cumprimento da lei e o respecto aos dereitos democráticos”, conclúe José Manuel Pérez Abelenda.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes