O PSdeG de Zas organiza unha xornada formativa sobre as novas oportunidades de financiamento da Deputación da Coruña
- A sesión é de balde e para inscribirse só é preciso chamar ou escribir ao 633 238 095
A Agrupación Local do PSdeG de Zas celebrará este venres 21 de novembro unha xornada informativa na Casa do Pobo de Zas para dar a coñecer as novas liñas de financiamento e subvencións da Deputación da Coruña. A actividade terá lugar ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, na Casa do Pobo, situada na Rúa Agra dos Cregos.
A iniciativa xorde co obxectivo de facilitar ao tecido asociativo e á veciñanza do concello o acceso á información sobre as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece a institución provincial. Segundo sinalou a Secretaria Xeral do PSdeG de Zas, Sheila Rial, “coñecer estas oportunidades e ter información sempre me pareceu relevante. A Deputación volveu a sacar grandes oportunidades de financiamento e novas que son necesarias coñecer porque estou segura que o tecido asociativo e moitas persoas do concello se poderán beneficiar delas”.
A entrada á xornada é libre para todas as persoas interesadas, aínda que por motivos organizativos dende o PSdeG de Zas solicitan confirmación de asistencia no teléfono 633 238 095, a través de chamada ou WhatsApp.
Rial destacou o compromiso da agrupación local coa información á cidadanía: “Dende as nosas canles de comunicación (WhatsApp, Facebook, Instagram) sempre informamos de becas, subvencións, alertas, calquera información de interese e na Sede tamén realizamos xornadas informativas e formativas coma esta”.
A Secretaria Xeral tamén recordou que o número 633 238 095 está dispoñible para que a veciñanza poida dirixirse a ela con calquera dúbida, petición ou inquietude que queiran trasladar.

Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS