Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG Provincial da Coruña anuncia que recurrirá á Xustiza se non se produce a expulsión inmediata de Caamaño do goberno municipal de Outes

  • Os socialistas esixen ao alcalde que cumpra coa lei, como indica un informe da Secretaría Municipal

O PSdeG-PSOE da Coruña esixe ao alcalde e ao goberno municipal de Outes a expulsión inmediata do concelleiro Antonio Caamaño das súas funcións executivas, logo de facerse firme a súa expulsión do Partido Socialista.

Os socialistas subliñan que a lei debe cumprirse sen excepción e lembran que existe un informe da Secretaría Municipal no que se conclúe que, unha vez expulsado do partido polo que foi elixido, Caamaño non pode ver melloradas as súas condicións laborais nin manter beneficios derivados da moción de censura, debendo recuperar exactamente a situación na que se atopaba con anterioridade: sen soldo e sen delegacións.

Desde o PSdeG-PSOE da Coruña afirman que esta situación supón unha vulneración da normativa vixente e dos principios de legalidade institucional, polo que reclaman que o Concello de Outes repoña a legalidade de maneira urxente, adoptando as medidas oportunas para cesar ao concelleiro das responsabilidades que continúa ostentando de maneira indebida.

Os socialistas advirten que tomarán todas as medidas necesarias para garantir o cumprimento estrito da lei e que, se o Concello non actúa nos próximos días conforme indica a Secretaría Municipal, o PSdeG-PSOE levará o caso á xustiza para que se restitúa a legalidade e se depuren responsabilidades. O PSdeG-PSOE da Coruña reafirma o seu compromiso coa transparencia, coa ética pública e coa defensa dun funcionamento institucional rigoroso, seguindo estritamente os informes técnicos e a normativa que regula a actividade municipal.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes