Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG esixe á Xunta que condene os “impedimentos” do PP de Ferrol á homenaxe a Pablo Iglesias: “vai contra a memoria democrática”

  • Aitor Bouza esixiralle á Xunta “que se manifeste publicamente en contra desta postura adoptada polo concello de Ferrol”, que impediu a instalación dunha placa conmemorativa

O PSdeG-PSOE denuncia os “impedimentos” do Goberno do PP de Ferrol á instalación dunha placa de homenaxe ao ferrolán Pablo Iglesias, fundador do PSOE e da UGT, e levará a cuestión ao Parlamento de Galicia, xa que “vai contra a memoria democrática”.

Así o expresou o parlamentario socialista Aitor Bouza, que explicou que no marco da homenaxe a Pablo Iglesias celebrada polo partido a semana pasada en Ferrol, quixeron “instalar unha placa que imitaba unha das conmemoracións que se intentou facer xa hai moito tempo, exactamente no ano 1927, e que foi destruída no golpe de estado do 36” no parque Pablo iglesias da cidade.

“Por parte do goberno municipal do Partido Popular impediuse, e puxéronse obxeccións e limitacións, o que ao final conlevou que se impedise que a placa fose instalada nun espazo céntrico e digno na propia cidade” lamenta o socialista. Propúxose “un cambio na localización que era afastada e absolutamente sen visibilidade”, engadiu.

“Manifestamos a nosa repulsa a este tipo de actitudes do goberno municipal que é contraria absolutamente á letra da normativa vixente en materia de memoria democrática, que transmite ademais unha mensaxe de exclusión ideolóxica que para nós é incompatible cos valores constitucionais, sobre todo co pluralismo político, que deben imperar nunha acción pública e nunha democracia”, afirma.

Por isto, amosou a vontade do PSdeG-PSOE de levar a cuestión ao Parlamento e de “reivindicar, exixirlle á Xunta de Galicia, que se manifeste publicamente en contra desta postura adoptada polo concello de Ferrol coa colocación da placa en memoria de Pablo Iglesias Posse”.

Así mesmo, solicitarán ao executivo autonómico de Alfonso Rueda “que condene tamén estas prácticas ou decisións institucionais que poden supoñer un obstáculo, censura simbólica a estes actos de recoñecemento e homenaxe vinculados á memoria democrática”. “E, como non, para que todo isto se poida corrixir, que se dirixa ao concello de Ferrol para que se poida instalar de maneira inmediata a placa nun lugar específico que realmente sexa acorde ao solicitado e á memoria de Pablo Iglesias”, concluíu.


Aitor Bouza – placa Pablo Iglesias en Ferrol – out25

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes