Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG leva ao Parlamento unha batería de iniciativas para esixir á Xunta solucións urxentes ante o novo desprendemento no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

  • Os socialistas consideran que este novo incidente pon de manifesto o deterioro das infraestruturas sanitarias da área de Ferrol

O PSdeG-PSOE anunciou hoxe o rexistro dunha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta de Galicia medidas inmediatas que garantan a seguridade no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, despois do novo desprendemento de falsos teitos nas súas instalacións, o segundo en apenas dous meses.

Os socialistas consideran que este novo incidente volta poñer de manifesto o deterioro das infraestruturas sanitarias da área de Ferrol e a falta de investimentos e mantemento por parte do Goberno galego, que leva anos incumprindo os seus compromisos coa ampliación e mellora do centro hospitalario.

Desde o PSdeG advirten que “é inaceptable que nun hospital público poidan producirse desprendementos en zonas de consultas sen unha resposta rápida e eficaz por parte da Xunta”, e esíxese “unha actuación inmediata que garanta a seguridade de pacientes, profesionais e acompañantes”.

O deputado socialista Aitor Bouza explicou que o PSdeG reclama ao Goberno galego que realice unha inspección técnica integral das instalacións, remita un informe detallado ao Parlamento galego sobre as causas do incidente, e execute sen máis demoras o proxecto de ampliación e mellora do hospital, incorporando nos Orzamentos de 2026 os recursos necesarios.

“O que ocorre en Ferrol é o reflexo do abandono da sanidade pública galega por parte do PP”, sinalou Bouza. “A cidadanía de Ferrolterra, Eume e Ortegal merece un hospital moderno, seguro e dotado dos medios necesarios para garantir unha atención sanitaria de calidade”. O PSdeG reitera o seu compromiso coa defensa da sanidade pública galega e insiste en que continuará impulsando no Parlamento todas as medidas necesarias para asegurar condicións dignas e seguras tanto para o persoal sanitario como para os pacientes.


Declaracións Aitor Bouza Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol) – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes