O PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” das inmediacións do campo de fútbol e o CEIP da Barqueira
- O voceiro socialista Brais Prieto sinala ao Concello pola presenza de fugas, auga estancada, obxectos abandonados e exceso de vexetación na zona
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” no que se atopan as inmediacións do campo de fútbol municipal Bernardino Breijo e o CEIP da Barqueira.
En palabras do voceiro socialista local Brais Prieto, “o estado da contorna do campo de fútbol da Barqueira e do colexio súmase ao estado de abandono xeral en que o goberno municipal do PP ten a Cerdido”.
O socialista incide en que “hai varios meses que se levan dando fugas, auga estancada e aumento da vexetación entre obxetos abandonados preto do campo de fútbol municipal”. “Materiais como canastras de baloncesto, cemento e pedras de obras foron abandonados nas inmediacións das instalacións” engade.
Prieto lembra que “hai 2 anos, en precampaña autonómica, o PP falou de construír unhas pistas de pádel no lugar que agora se atopa en estado de abandono”. “Antes de falar de construcións e promesas electorais o primeiro sería manter en bo estado as instalacións públicas existentes”, critica. Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista vén de achegar ao goberno local unha proposta formal para que se poña fin a este estado de abandono. “Queremos que a veciñanza de Cerdido poida desfrutar verdadeiramente desta zona e destas instalacións municipais”, conclúe Prieto.



Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS