Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE da Laracha denuncia retrasos de ata 3 anos no recoñecemento do grao de discapacidade de veciños e veciñas do municipio

  • Inés Ramos López presentará unha moción no pleno que insta á Xunta a axilizar os procesos ata acadar un máximo de 6 meses

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción que insta á Xunta de Galicia a axilizar os procesos de recoñecemento do grao de discapacidade.

Inés Ramos López, voceira socialista local, denuncia que estes “teñen uns tempos de demora inadmisibles, que converten a espera espera nun tempo de incertidume e inquedanza”,

“Veciños deste Concello teñen soportado tempos de espera que chegan prácticamente ata os 3 anos, desde a data na que formalizan a solicitude até a chegada de resolución definitiva”, denuncia a socialista.

“Este tempo causa graves prexuízos a persoas que en moitos casos teñen graos de discapacidade superiores ao 33, pois afecta a cuestións fiscais, de mobilidade ou de necesidade de axuda de terceiras persoas”, explica.

Ramos López critica que “a incompetencia administrativa manifiesta que amosa a Xunta está a provocar que cidadáns e cidadás con plenos dereitos recoñecidos estean case tres anos á espera de que estes sexan efectivos”.

Por todo isto, a moción presentada polo Grupo Socialista local insta á Xunta a incrementar os equipos de valoración e recoñecemento do grado de discapacidade, de xeito en que nun plazo máximo de 6 meses estean recoñecidos os grados de discapacidade.

Tamén insta a reformular os procesos de valoración, así como os das xuntas de valoración, de forma en que axilicen o estudo e dictame das solicitudes.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes