O PSOE da Laracha propón melloras ambientais e máis participación veciñal no Plan Rural de Montemaior
– O grupo socialista solicita máis garantías ambientais, participación veciñal e transparencia no documento urbanístico, e presenta unha emenda con catro medidas concretas.
O Grupo Municipal Socialista da Laracha defendeu hoxe no Pleno municipal unha postura crítica pero construtiva ante o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións no Medio Rural en Montemaior. A formación socialista valorou positivamente a orientación agraria e sostible do proxecto, pero calificou de insuficientes as garantías actuais en materia ambiental, de participación veciñal e de transparencia urbanística.
“Queremos que Montemaior sexa un referente, pero con consenso veciñal, planificación clara e respecto polo territorio”, explicou Inés Ramos, voceira do Grupo Socialista na Laracha.
Neste contexto, o PSOE presentou unha emenda ao acordo plenario coa intención de incorporar ao documento final un marco normativo máis claro que delimite os usos permitidos, evitando calquera uso residencial ou turístico alleo á actividade agraria. A emenda foi rexeitada cos votos en contra do goberno local, que xustificou a súa postura afirmando que se trataba dunha iniciativa privada e que xa se celebraran dúas presentacións do proxecto. Pola contra, a ditas presentacións non foi convidada toda a corporación municipal.
Ademais, demanda a elaboración dun estudo de integración paisaxística con simulacións visuais, así como a convocatoria dunha reunión informativa aberta á veciñanza antes da aprobación definitiva do Plan. A proposta tamén inclúe a creación dun comité de seguimento ambiental e social con representación do Concello, da veciñanza e do promotor. O grupo socialista abstívose nun primeiro momento, pero finalmente decidiu apoiar o Plan durante a votación no Pleno.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS