Os socialistas de Oleiros alertan do dano irreparable que van facer os novos edificios que o concello quere autorizar no centro de Santa Cruz
– Os socialistas de Oleiros alertan de que as novas edificacións que autoriza o Concello na Praza Esther Pita van “engullir” ás edificacións existentes ao ter máis de 12 metros de altura e acabarán cunha zona de disfrute cidadán
– Como alternativa propoñen a permuta do aproveitamento da edificabilidade no ámbito por outras parcelas edificables do Concello
– Nestes terreos o Concello podería consolidar e adecentar a zona verde, e por riba ser coherentes e facer o mesmo que piden para os terreos do Porto en Coruña, espazo público e verde. Afirman que, de non facelo, será unha oportuniudade perdida
Oleiros 26 de maio de 2025. Arredor da plaza de Esther Pita hai un núcleo tradicional de construccións baixas que de repente van verse, literalmente, acosadas e engullidas por unhas construccións moito máis altas que lle tapan as vistas. Todo grazas ao apoio de AVV.
A totalidade da zona verde que vai dende a Rúa Repicho ata a Plaza vai quedar engullida por dúas moles de vivendas de máis de 12 metros de alto. Noutro lugar poderían non ser edificacións moi altas pero, a comparación, sumada á diferencia de cota entre a Rúa Repicho e a Plaza deEsther Pita fai que sexan auténticas moles.
No caso do bloque denominado P2 o impacto é moito maior, polo que polo menos este debería ser eliminado para evitar un dano irreparable.
Inda por riba a plaza vai ter un garaxe subteráneo para cubrir a demanda destes dous edificios e outras plazas públicas. É decir, non so eliminan o espazo verde que se usa para as festas de Santa Cruz, senón que por riba ao facer un subterráneo, tampouco van poder poñerse trailers cos escenarios ou camións enriba da plaza por risco de afundimento.
AVV leva dous anos intentando acabar cas festas de Santa Cruz e poñéndolles as cousas moi difíciles aos membros da comisión de festas. E esto é un paso máis nesa liña vengativa e autoritaria ca que exercen o poder.
A pregunta que se fan os veciños e se estes novos edificios van a mellorar Santa Cruz, e a resposta de todos cos que falamos é un non rotundo.
Como alternativa propoñemos, para non chegar á expropiación, a permuta do aproveitamento da edificabilidade por parcelas do Concello.
Nestes terreos o concello podería consolidar e adecentar a zona verde, e ser coherentes e facer o mesmo que piden para os terreos do porto en Coruña, espazo público e verde. Non será por falta de opcións para que o Concello se faga con estes terreos, que son unha oportunidade única para mellorar a zona, en vez de poñer de novo o Concello a servicio dos intereses do ladrillo especulativo.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS