Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG Provincial da Coruña marca como prioridade sumar alcaldías e consolidarse como primeira forza do municipalismo galego

–O PSdeG Provincial da Coruña celebrou este domingo 11 de maio o seu 5º Congreso Provincial no que foi reelixido Bernardo Fernández Piñeiro como secretario xeral provincial.

–O lema do congreso, “Escoitar, traballar, gañar”, foi destacado como unha guía de acción que define o pasado, presente e futuro do socialismo na provincia.

–Interviron no acto de clausura Emma López, secretaria de Política Económica e Transformación Dixital do PSOE; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG-PSOE; e Bernardo Fernández Piñeiro.


O PSdeG Provincial da Coruña celebrou este domingo o seu 5º Congreso Provincial coa reelección de Bernardo Fernández Piñeiro como secretario xeral provincial. No seu discurso, Fernández agradeceu á militancia pola súa implicación e pola mostra de unidade que representa a súa reelección sen oposición, que cualificou como “un exemplo que nos fortalece como organización”, expresou.

“Asumo esta responsabilidade coa mesma humildade, ilusión e compromiso que hai tres anos”, sinalou o secretario xeral, poñendo o foco en que o verdadeiro obxectivo non é só gañar eleccións, senón “traballar pola sociedade, garantir dereitos e liberdades e facer de Galicia un lugar máis xusto e igualitario”.

Durante o congreso, o PSdeG reafirmou o seu obxectivo de reforzar a acción política no territorio e preparar as vindeiras citas electorais, co foco posto en gañar un maior número de alcaldías, manter a Deputación da Coruña e en levar a José Ramón Gómez Besteiro á presidencia da Xunta de Galicia.

O PSdeG-PSOE comprometeuse coa cidadanía, coa política de proximidade e cun modelo de partido no que “escoitar á cidadanía, é a mellor garantía de acerto nas decisións que tomamos día a día”. Por iso, o lema escollido para o congreso, ‘Escoitar, traballar, gañar’, define “á perfección” a política socialista, segundo explica o secretario xeral.

Fernández chamou á organización a “escoitar e traballar en cada concello para gañar máis alcaldías” e consolidar ao PSdeG como “primeira forza do municipalismo galego”.

Neste sentido, o secretario xeral provincial deixou claro que o obxectivo central da nova executiva será “reforzar a presenza e a acción política nos concellos”. Reivindicou que o municipalismo é onde o PSOE demostra a súa utilidade real para a cidadanía e a importancia que teñen os gobernos municipais no poder transformador da política.

Fernández fixo balance do traballo feito nos últimos anos, destacando que os 30 concellos gobernados polos socialistas son exemplo de boa xestión, planificación e políticas sociais. Afirma que nos gobernos do PSdeG hai “gobérnase para todos e todas, non só para as minorías como fai o Partido Popular”.

Tamén se deu a coñecer a nova executiva provincial cunha importante porcentaxe de renovación, 40 dos 64 membros son novos, combinando experiencia e incorporacións novas.

Fernández fixo fincapé na fortaleza municipal do partido, agradecendo expresamente o traballo tanto dos alcaldes e alcaldesas socialistas como dos compañeiros que exercen dende a oposición, destacando que “sen militancia, un partido non é máis que unhas siglas”.

Na súa intervención, Bernardo Fernández tamén criticou duramente ao Partido Popular, tanto en Galicia como no Estado. O bono peixe é un exemplo máis do estilo da Xunta, que Barnardo Fernández define como “bono-voto”, insistindo en que os problemas reais da sociedade galega non se van arranxar con estas medidas. “Os problemas de capturas e de produción das nosas rías vanse solucionar con cinco euros de gasto en peixe á semana?”, preguntábase o secretario xeral. E non deixou pasar a oportunidade para ironizar sobre a deriva política de Alberto Núñez Feijóo: “un día é rubio, outro moreno, outro ten canas, outro ten gafas… Aquí era de centro, outro día é de dereitas, outro de extrema dereita… É o Míster Potato da política española”.

O líder provincial tamén tivo palabras para o BNG, acusándoo de contradicións constantes, “o mesmo nacionalismo que un día se manifesta en Ferrol para que haxa carga de traballo no naval, outro día non quere que se incremente o gasto en defensa; parece que non sabe que en Ferrol fabricamos barcos de guerra”.

Finalmente, Bernardo Fernández apelou á mobilización da organización para seguir liderando as políticas municipais e sociais, e rematou coa lembranza dunha frase de José Luis Rodríguez Zapatero: “Os grandes logros deste país foron sempre soñados por socialistas. Non deixemos nunca de soñar”.

Nova executiva do PSdG-PSOE Provincial da Coruña

Durante o acto de clausura presentouse a nova Comisión Executiva Provincial, que saiu elixida cun 98% dos votos válidos: 

Secretaría Xeral: Bernardo Fernández Piñeiro
Vicesecretaria Xeral de Política Municipal: Alejandra Pérez Máquez
Vicesecretaria Xeral de Infraestruturas e Voceira: Mónica Rodríguez Ordoñez
Vicesecretaria Xeral de Coordinación Territorial: Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Vicesecretaria Xeral de Economía e Facenda: José Ramón Riobóo Castro
Vicesecretaria Xeral de Memoria Democrática: Anxo Rei Arca
Vicesecretaria Xeral de Ordenación do Territorio: Luis Lisardo Santos Ares
Secretaría de Organización e Administración: Diego Fernández López
Secretaría de Igualdade: Manuela Vilaboy Romero
Secretaría de Relacións Institucionais: María Rivas López
Secretaría de Sanidade: Brais Rodríguez Botana
Secretaría de Acción Electoral: Yoya Neira Fernández
Secretaría de Educación e Formación Profesional: Xosé Lois García Carballido
Secretaría de Política Social e Dependencia: Estefanía Calvelo Muñiz
Secretaría Axunta de Organización: Gema Fernandez Cuiña
Secretaría de Coordinación Interparlamentaria: Obdulia Taboadela Álvarez
Secretaría de Coordinación Comarcal: Jorge Romero Pérez
Secretaría de Dereito á Vivenda: Paula García Lozano
Secretaría de Promoción Económica e Emprego: Jorge Ulla Rocha
Secretaría de Mar e Recursos Mariños: Walter Pardo Añón
Secretaría de Formación e Redes Sociais, Axunto a Organización: Julián Reina Villalón
Secretaría de Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural: Cristina Capelán Cancelo
Secretaría de Medio Ambiente e Emerxencia Climática: Jesús Fernández Diez
Secretaría de Planificación Industrial e Transición Enerxetica: Borja Pico Feal
Secretaría de Inclusión Social: Rosa María Romero Fariña
Secretaría de Cultura e Lingua: Guadalupe Rodríguez Silva
Secretaría de Deportes e Políticas Saudables: Oscar Rial Lago
Secretaría de Universidade e Ciencia: María Ares Rey
Secretaría de Turismo: Santiago Toba Blanco
Secretaría de Emprendemento: Rosa Ana García Lopez
Secretaría de Estudos e Programas: José Manuel Pantín Morado
Secretaría de Análise e Prospectiva: Isaac Buergo Almirón
Secretaría de Gobernanza Local: José Luis Ruiz Laíño
Secretaría de Movementos LGTBI: Eloy Carbón Rodríguez
Secretaría de Militancia e Agrupacións Locais, Axunto a Organización: Rafael Fernández Beceiro
Secretaría de Transportes e Mobilidade Sustentable: Gonzalo Henrique Castro Prado
Secretaría de Función Pública: Manuel Santiago Pérez
Secretaría de Comercio e Consumo: Francisco Pérez Caamaño
Secretaría de Maiores e Pensións: María Josefa Cebreiro Santos
Secretaría de Dereitos e Liberdades: Montserrat Paz Romero
Secretaría de Xustiza: Caridad González Cerviño
Secretaría de Patrimonio Cultural: Xose Manuel López Fernández
Secretaría de Exterior: Sheila Rial Mata
Secretaría de Mobilización: Bernardino Rama Seoane
Secretaría de Participacion Cidada: Ines Ramos Lopez
Secretaría de Políticas Forestais e Montes: Juan Jose Prego Ces
Secretaría de Rexeneración Democrática e Transparencia: Juan Ignacio Borrego Vázquez
Secretaría de Innovación, IA, e Transformación Dixital: Vicente Roca Uceira
Secretaría de Despoboamento e Reto Demográfico: Brais Prieto Verdial
Secretaría Axunta a Infraestruturas: David Vázquez Suárez

Secretarías Executivas:

Mayte Argibay Silva

María José Cal Álvarez

María Dolores Lamelas Pena

María Luisa Abrodos Fernández

Antía González Figueroa

Maria Mercedes Prieto Lamas

Raquel Mallo Domínguez

Pablo Amado de la Fuente

Jose Manuel Pérez Abelenda

Sandra Sánchez Iñíguez

Merche Noceda Gómez

Alma Beatriz Barrón Ferro

Cristina Pardo Portos

María Isabel Gómez Cambón


Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes