Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE critica en Ferrol que o PP non apoie a resposta á crise dos aranceis: “parece que á Xunta lle interesa máis confrontar co Goberno do Estado”

-“Non ten que convirlles a eles, senón que son medidas que conveñen ós distintos sectores galegos que se van ver afectados”, sinala Montse García Chavarría, deputada no Congreso


O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebrou, na sede do partido en Ferrol, unha rolda de prensa sobre a resposta do Goberno central á crise dos aranceis.

Montse García Chavarría, deputada no Congreso, lamentou que o PP galego “rexeitou colaborar co PSdeG para traballar conxuntamente para sacar adiante medidas urxentes complementarias ó plan do Estado”.

“Parece ser que á Xunta lle interesa máis confrontar co goberno do Estado que arrimar o hombro e traballar por Galicia”, criticou a deputada socialista.

“Non ten que convirlles a eles, senón que son medidas que conveñen ós distintos sectores galegos que se van ver afectados en maior ou menor medida polos aranceis de Trump” engadiu.

“O Goberno do Estado activou xa 14.100 millóns  dos que Galicia aspira a recibir algo máis de 600 millóns de euros”, explica, porque “é consciente de que estes aranceis van afectar os servizos, ás cadeas de valor globais, ó turismo e á propia, estabilidade financeira mundial”.

“Entendemos que é prioritario protexer ás empresas, protexer o emprego, é defender o noso texido produtivo”, sinala, e por iso reclama á Alfonso Rueda “que fale co seu amigo, o señor Feijóo e co Partido Popular e que lles esixa que apoien este este real decreto”.

Pola súa banda, a deputada autonómica Silvia Longueira explicou que “esta sería a terceira vez no que vai de lexislatura do Parlamento galego na que Rueda non está a altura do que desde o Estado, desde o Goberno de Pedro Sánchez se lle ofrece”.

“Primeiro foron os 4.000 millóns da quita da débeda que Rueda rexeitou e segue rexeitando”, lembrou Longueira, que afirmou que “calquera de nós estaría bastante conforme con que se nos quitara parte das nosas débedas”.

“Outra foron os 23 millóns que se puxeron enriba da mesa dos fondos Next Generation para a creación de escolas infantís”, enumerou, “unha medida transversal, porque non só favorecería a educación pública, senón tamén a conciliación”. “Segundo Alfonso Rueda non entraan dentro do modelo que ten o Partido Popular,  é dicir, seguen concertando con entidades privadas e non queren facer crecer o sector público dentro da educación”, criticou a parlamentaria socialista.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes