Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclámalle á Xunta que tome medidas para facer fronte á crise dos aranceis en colaboración co Goberno central

-Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, sinala que “o Goberno de España reaccionou rápido a esta crise dos aranceis, mobilizando 14.100 millóns de euros para axudas”

-“Este decreto que presenta o Goberno central tamén é fundamental e necesario para as empresas galegas”, subliña o parlamentario autonómico Julio Abalde


O PSdeG-PSOE Provincial celebrou unha rolda de prensa na súa sede na cidade da Coruña para explicar as medidas que o Goberno de España está a poñer en marcha para facer fronte á crise dos aranceis derivada do cambio de política económica da Administración de Trump en Estados Unidos.

Obdulia Taboadela, deputada socialista no Congreso, sinalou que “o Goberno de España reaccionou rápido a esta crise dos aranceis, mobilizando 14.100 millóns de euros para axudas aos sectores máis afectados”.

“Iso significa que está pendente de aqueles empresarios, autónomos, traballadores, que polo seu sector sufren un especial impacto nesa guerra arancelaria”, engadiu.

A socialista explicou que “a Administración Trump está a xerar bastante incerteza á propósito desa política comercial, tendo en conta que un día fala dunha cifra, outro día fala de negociar”.

“Nós, como España e como Unión Europea, mantemos sempre aberto ese espazo de negociación e de consenso, que é o que mellor resultado deu para as economías occidentais”, afirmou a deputada.

“De feito, consideramos que esa guerra arancelaria é un enorme erro, posto que o multilateralismo, esa prosperidade compartida, é o que nos fixo mellores, permitiunos crecer máis e de forma máis igualitaria entre nacións”, afirmou.

Pola súa banda, Julio Abalde, deputado autonómico, indicou que “sectores como o vitivinícola, o agroalimentario en xeral, a automoción, o téxtil, son sectores importantísimos para a nosa comunidade e que van a ter un impacto negativo no momento en que estes aranceis se poñan en marcha”.

Para o parlamentario “é urxente que a Xunta de Galicia tome medidas tome medidas para apoiar a eses sectores en aspectos como a internacionalización, a búsqueda de novos mercados, a dixitalización, a transformación, a competitividade das empresas unha situación que vai ser complexa”.

Lamentou que Alfonso Rueda entrou a reunirse co Goberno “sen absolutamente ningunha proposta e saiu con reclamacións de fondos”. “Fondos para que? Que medidas quere poñer enriba da mesa a Xunta de Galicia? Para que necesita eses fondos?”, pregúntase.

“Besteiro enviou unha carta ao señor rueda para reunirse precisamente na búsqueda desa solucións no apoio desas solucións, solucións concretas para temas concretos son os retos que teñen neste momento por diante”, lembrou Abalde.

“A Xunta de Galicia, como sempre reclama, pero non fai”, critica, unha situación que “complica enormemente as posibilidades das nosas empresas” porque se precisan “medidas moi concretas, moi determinadas”. “O que pedimos é que o señor Rueda colla as súas responsabilidades, colla as súas competencias, e, sobre todo, que lle diga ó señor Feijóo, que lle diga ó Partido Popular que apoien este decreto, porque este decreto que presenta o Goberno central tamén é fundamental e necesario para as empresas galegas”, concluíu.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes