Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Bernardo Fernández Piñeiro, proclamado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE provincial da Coruña para un novo mandato

-A nova Comisión Executiva Provincial será elixida no Congreso Provincial previsto para o vindeiro 11 de maio.


Bernardo Fernández Piñeiro foi proclamado hoxe secretario xeral do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña, unha vez concluído o prazo de presentación de pre-candidaturas sen que se rexistrase ningunha proposta alternativa.

A Comisión Provincial de Ética validou a súa precandidatura como a única presentada, polo que, de acordo co regulamento interno, a súa proclamación é automática sen necesidade de votación. A nova Comisión Executiva Provincial será elixida no Congreso Provincial previsto para o vindeiro 11 de maio.

O actual secretario xeral provincial renova así a súa responsabilidade á fronte do partido na provincia, cargo que exerce desde o ano 2022. Ademais, é alcalde de Pontedeume e voceiro do Grupo Socialista e do Goberno na Deputación da Coruña.

O proceso de presentación de pre-candidaturas estivo aberto desde o luns 31 de marzo ata este 2 de abril ás 12:00 horas, sen que se presentase ningunha outra proposta.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes