O PSOE de Oroso lamenta que “o alcalde presuma de obras que deixou preparadas o anterior Goberno local tras dous anos de abandono”
-“Despois de dous anos gobernando só executaron dúas das 10 actuacións que lles deixamos totalmente encamiñadas”, indican dende a formación
-“A pesar disto, acusan de abandono ao executivo anterior, están tratando de enganar á cidadanía, tomando á xente por tonta”, engaden
O PSdeG-PSOE de Oroso lamenta que “o alcalde presuma de obras que deixou preparadas o anterior Goberno local despois de dous anos de abandono”. Así o sinalan en resposta a recentes declaracións do rexedor do Partido Popular, Álex Doval, nas súas redes sociais.
“Despois de dous anos gobernando só executaron dúas das 10 actuacións que lles deixamos totalmente encamiñadas, a execución de obras por parte do seu goberno é minúscula”, critican dende o PSOE orosán.
A mellora da rede viaria na Igrexa e en Bouzalonga e mais a de Baiuca-Requeixo foron as dúas únicas obras executadas das 10 pendentes ao cargo dos POS+ de 2021, 2022 e 2023.
“A pesar disto, acusan de abandono ao executivo anterior, estan tratando de enganar á cidadanía, tomando á xente por tonta”, engaden.
Para o PSOE, o alcalde de Oroso está exercendo de “oposición da oposición, intentando culparnos da súa inacción, pero á vez vivindo do que nós lle deixamos feito”.
Dende o Partido Socialista subliñan ademais que o Goberno local está a dedicar o 55% do importe do POS+ da Deputación da Coruña a gasto corrente, mentres que o executivo do PSOE o dedicaba case integramente a obras.
“No seu POS non mete ningunha estrada, tenas totalmente abandoadas exceptuando algún bacheo cativo”, afirma Rey. “Non lle importan as estradas, só confrontar connosco”, indican.
Todo isto enmárcase, para os e as socialistas, no “contexto de abandono da vila por parte do Goberno de Doval, con pistas cheas de fochancas, marquesinas destrozadas, suciedade e deterioro en xeral”. “A veciñanza de Oroso merece que non lle mintan e que non tapen esas mentiras con leas partidistas, e, sobre todo, merece que o municipio non estea abandonado e paralizado”, conclúen.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS