Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE esixe á Xunta que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal no CPI O Cruce de Cerceda

-O secretario provincial Bernardo Fernández e a deputada Silvia Longueira participaron na concentración convocada polas familias e avanzaron que levarán a cuestión ao Parlamento galego


O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe á Xunta de Galicia que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal Martiño no CPI O Cruce de Cerceda.

Así o manifestaron o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro e a deputada Silvia Longueira, que participaron na concentración convocada polas familias en resposta a esta problemática.

O secretario provincial sinala que os danos terían sido “moito menores se por parte da Xunta de Galicia se tivese atendido ao longo dos últimos anos ás reivindicacións, ás reclamacións constantes do Concello de Cerceda e de parte da comunidade educativa”.

O socialista destacou que “o Concello de Cerceda estivo dende o primeiro momento a pé do cañón, apoiando á comunidade educativa, buscando solucións e reubicando a estes rapaces e rapazas” en instalacións municipais.

“Mentres, non sabemos moi ben o que se fixo por parte da Xunta de Galicia”, lamentou, engadindo que “esta é unha boa mostra da situación da educación pública en Galicia”.

Pola súa banda, Silvia Longueira denunciou que “150 nenos e nenos do colexio público de Cerceda van a ter que recibir clases fóra das aulas do propio colexio por unha cuestión que vén denunciando o Concello de Cerceda e a dirección do colexio, así como as diferentes ANPAs, durante moito tempo”.

“Levan 10 anos reclamando unha reforma integral para o colexio público O Cruce que nunca chegou”, lembra a parlamentaria, provocando deste xeito que o vento levantase a cuberta do edificio, deixando aulas expostas e caendo os restos ao patio.

Longueira subliña tamén que o centro ten “pingueiras, humidades e un envellecemento que durante estes anos nunca contou coa mirada da consellería de educación”. “Levaremos ao parlamento diferentes iniciativas que pregunten o por que da inacción e que poñan o foco sobre algo que temos que preservar e que é noso, a educación pública”, avanzou.


Declaracións de Bernardo Fernández en Cerceda
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes