Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Teo denuncia que o concello perdeu unha subvención de 52.000€ da Deputación para crear emprego no municipio

-“Ademais da perda de fondos e de postos de traballo, Teo perde tamén a oportunidade de mellorar servizos públicos”, sinala Mayte Argibay


O PSdeG-PSOE de Teo denuncia que o Concello perdeu unha subvención de 52.000€ da Deputación da Coruña para crear emprego no municipio “por culpa da neglixencia da alcaldesa e o Goberno do PP”.

Así o sinalou a voceira socialista local Mayte Argibay, que lamentou que Teo fose un de só 2 concellos de toda a provincia que non solicitaron este ano a subvención PEL Concellos da Deputación.

Esta axuda destínase á contratación de persoas con especiales dificultades para o emprego como maiores de 45 anos, persoas en paro de longa duración, mulleres ou familias monoparentais.

“Non nos explicamos por que o Concello perdeu esta subvención, que tería reportado a Teo 52.000 euros entre outros moitos beneficios”, lamentou Argibay.

Nos ultimos anos, o PEL Concellos supuxo en Teo a contratación de 5 persoas en 2022, 4 persoas en 2023 e 3 persoas en 2024. Un total de 12 contratos anuais en tres anos.

“Agora, nin as persoas que tiñan ese contrato nin o conxunto da cidadanía poderá optar a eses postos de traballo, na situación económica na que estamos con necesidades de emprego do municipio”, sinala a socialista.

“Ademais da perda de fondos e de postos de traballo, Teo perde tamén a oportunidade de mellorar servizos públicos, pois serían postos en mantemento de viais, limpeza ou conservación de parques e xardíns”, apunta.

Para a portavoz do PSOE local “isto repercute en toda a veciñanza e no servizo que esta recibe, polo que é un agravio que merece unha explicación”. “Dende o Partido Socialista esiximos á alcaldesa que explique publicamente as razóns pola que Teo é un dos dous únicos municipios da provincia que non solicitou esta axuda”, concluíu.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes