Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Simpatizantes, membros da candidatura e militantes socialistas de Outes reúnense para amosar o seu rexeitamento á moción de censura

-Socialistas de Outes afirman “rexeitar absolutamente este pacto entre o PP e o edil tránsfuga Antonio Caamaño, que en ningún caso foi consensuada cos demais” 


Diversos e diversas simpatizantes, membros das candidaturas e militantes socialistas de Outes reuníronse hoxe ás 19:00 para realizar un posicionamento conxunto en contra da moción de censura no municipio. 

Esta moción foi asinada contra o Goberno de esquerdas local polo Partido Popular e máis por Antonio Caamaño, concelleiro tránsfuga elixido baixo as siglas do PSOE pero xa expulsado da formación. 

Fronte ás afirmacións de Caamaño, que asegurou ter o apoio da organización nas súas accións, os e as socialistas negan rotundamente que tivese habido ningún tipo de consulta sobre esta cuestión. 

Simpatizantes, militantes, candidatos e candidatas afirman “rexeitar absolutamente este pacto entre o PP e o edil tránsfuga Antonio Caamaño, que en ningún caso foi consensuada cos demais e que é un fraude aos principios socialistas”.  Insisten en pedir explicacións ao edil tránsfuga sobre as súas declaracións e prepararán un manifesto para rexeitar publicamente esta moción de censura contra o goberno de esquerdas na localidade.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes