O PSdeG esixe a Rueda que non execute a moción de censura en Outes respectando o pacto antitransfuguismo
-O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro lembra que o concelleiro José Antonio Caamaño “está expulsado do PSdeG e, polo tanto, é un tránsfuga”
-Fernández Piñeiro advírtelle ao PP que sería ilegal incluílo no equipo de Goberno
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña insta ao Partido Popular a cumprir co Pacto Antitransfuguismo asinado por ambas formacións e, polo tanto, a non executar a moción de censura nin a conformar goberno co edil tránsfuga en Outes.
O Pacto Antitransfuguismo asinado polo PP recolle que as formacións asinantes comprométense “a impedir la utilización de tránsfugas para constituir, mantener o cambiar las mayorías de Gobierno de las instituciones públicas, a no apoyar ninguna iniciativa que provenga de los mismos, y a desincentivar el transfuguismo político a través de la adopción de medidas disuasorias de carácter económico, reglamentario y protocolario.”
O secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, manifestou que “queremos esixirlle ao Partido Popular, ao señor Rueda e ó señor Diego Calvo neste caso en concreto que apliquen ese pacto antitransfuguismo que teñen asinados os nosos dous partidos”, sinala o socialista. Este pacto define o transfuguismo como “unha forma de corrupción”.
“É o mellor momento para que amosen que son xente de palabra que cumpren con aquilo que está asinado pola organización á que representan e polo tanto non conformen goberno con este señor que, como digo, está expulsado do PSdeG e, polo tanto, é un tránsfuga”, engade.
O secretario xeral provincial criticou que o PP asinase “unha moción de censura cun concelleiro tránsfuga”, amosando que “non ten escrúpulos con tal de chegar ao poder”.
Fernández lembra que o concelleiro José Antonio Caamaño “adoptou esta decisión sen ningún tipo de consulta ao partido nin de aprobación, xa non só do partido en instancias superiores, senón da propia agrupación local”.
“Os veciños e veciñas de Outes decidiron que o Partido Popular non gobernase o Concello, posto que a suma dos partidos de esquerdas ten unha maioría ampla”, lembrou Fernández Piñeiro. “Vamos a asistir agora, unha vez mais, ás incoherencias do PP, que dependendo do que lle interese di unha cousa ou a contraria”, lamentou o socialista. “Veremos se efectivamente cumpren con iso que teñen prometido, aínda que, desgrazadamente, non son moi optimistas ao respecto”, concluíu.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS