{"id":1802,"date":"2026-03-18T12:20:06","date_gmt":"2026-03-18T12:20:06","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/?p=1802"},"modified":"2026-03-18T12:20:07","modified_gmt":"2026-03-18T12:20:07","slug":"ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/","title":{"rendered":"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \u00absaque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\u00bb nos xard\u00edns de Santa Clara: \u00abO exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\u00bb"},"content":{"rendered":"\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><em>O portavoz\u00a0do\u00a0PSOE solic\u00edtalle ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia \u00abque\u00a0<\/em><em>te\u00f1a a sensibilidade que non te\u00f1en o se\u00f1or Dom\u00ednguez e a Deputaci\u00f3n e non autorice esa tala masiva\u00bb<\/em><\/li>\n\n\n\n<li><em>Puentes acusa a Rafa Dom\u00ednguez de mentir sobre o informe t\u00e9cnico elaborado polos t\u00e9cnicos da Estaci\u00f3n Fitopatol\u00f3xica\u00a0do\u00a0Areeiro, \u00abque non di en ning\u00fan punto que esas \u00e1rbores te\u00f1an que talarse\u00bb:\u00a0<\/em><em>\u00abO que hai detr\u00e1s desta tala de \u00e1rbores en Santa Clara non \u00e9 unha decisi\u00f3n t\u00e9cnica; \u00e9 unha decisi\u00f3n pol\u00edtica\u00a0do\u00a0PP e de Rafa Dom\u00ednguez, que decide cometer esta aberraci\u00f3n ecol\u00f3xica para constru\u00edr un novo edificio anexo a Santa Clara\u00bb<\/em><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><strong>Pontevedra, m\u00e9rcores&nbsp;18 de marzo&nbsp;de 2026.-<\/strong>&nbsp;Al\u00e9n&nbsp;do&nbsp;absoluto abandono que marcou o devir&nbsp;do&nbsp;proxecto de restauraci\u00f3n desde que a Deputaci\u00f3n o incorporou ao seu patrimonio no ano 2023 trala oportuna cesi\u00f3n&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra, a nefasta xesti\u00f3n&nbsp;do&nbsp;seu vicepresidente, Rafa Dom\u00ednguez, viviu o seu episodio m\u00e1is grave cando se co\u00f1eceu a decisi\u00f3n pol\u00edtica de destru\u00edr uns 1.600 metros cadrados de xard\u00edn para constru\u00edr un novo edificio muse\u00edstico e, sobre todo, a s\u00faa intenci\u00f3n de talar m\u00e1is de 150 especies arb\u00f3reas (58 exemplares de grande e mediano porte e froiteiras e 96 arbustos e especies de menor tama\u00f1o, entre elas varias camelias). Un \u00abexterminio de \u00e1rbores e arbustos\u00bb na zona verde m\u00e1is antiga da cidade que, en opini\u00f3n&nbsp;do&nbsp;portavoz municipal&nbsp;do&nbsp;PSOE, Iv\u00e1n Puentes, sup\u00f3n \u00abunha aberraci\u00f3n inxustificable\u00bb que urxe frear canto antes.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha ofensiva para esixirlle a Dom\u00ednguez a paralizaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;contrato de tala (publicado na Plataforma de Contrataci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;Sector P\u00fablico o pasado 10 de febreiro) e evitar que \u00absaque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico\u00bb, que Puentes decidiu elevar ao Pleno da Corporaci\u00f3n. Farao a trav\u00e9s dunha proposici\u00f3n na que insta ao Goberno Provincial a rehabilitar a zona verde&nbsp;do&nbsp;convento de Santa Clara \u00abpreservando t\u00f3dalas especies arb\u00f3reas e le\u00f1osas, salvo aquelas para as que, por raz\u00f3ns sanitarias de accesibilidade ou de ordenaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;espazo, se recomende expresamente talar nos oportunos informes t\u00e9cnicos, aplicando os labores culturais e de coidado necesarias para a s\u00faa supervivencia a longo prazo\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>No marco dunha comparecencia celebrada esta&nbsp;ma\u00f1a ante os medios de comunicaci\u00f3n, o portavoz&nbsp;do&nbsp;PSOE lembrou que, \u00abcando collemos a Rafa Dom\u00ednguez co carri\u00f1o dos xeados e sacamos \u00e1 luz a operaci\u00f3n encuberta que a Deputaci\u00f3n ti\u00f1a planificada\u00bb, o vicepresidente provincial xustificou esta brutal intervenci\u00f3n alegando \u00abque exist\u00edan innumerables informes t\u00e9cnicos que, curiosamente, determinaban que t\u00f3dalas \u00e1rbores dentro da li\u00f1a&nbsp;do&nbsp;\u00e1mbito determinado para a tala masiva estaban enfermas e, sen embargo, esa enfermidade misteriosa non afectaba xusto \u00e1s que estaban no outro lado da li\u00f1a\u00bb. Ao seu xeito de entender, \u00abevidentemente non hai que exprimir demasiado a cabeza para darse conta de que a enfermidade non era a causa para talar todas estas \u00e1rbores\u00bb. \u00abAs raz\u00f3ns -explicou- estaban nos plans construtivos dun novo edificio anexo a Santa Clara para a s\u00faa incorporaci\u00f3n ao Museo: \u00e1s \u00e1rbores non se queren talar porque estean enfermas, sen\u00f3n porque non estorban para facer un novo edificio dentro dun recinto verde\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>Iv\u00e1n Puentes sustenta esta acusaci\u00f3n precisamente no informe t\u00e9cnico que supostamente deb\u00edan avalar esta tala e que o Partido Socialista lle solicitou ao Goberno Provincial: \u00abO certo \u00e9 que o informe da Estaci\u00f3n Fitopatol\u00f3xica&nbsp;do&nbsp;Areeiro contrad\u00ed totalmente o que Rafa Dom\u00ednguez manti\u00f1a nas s\u00faas declaraci\u00f3ns p\u00fablicas; o \u00fanico que fai o informe \u00e9 avaliar a posibilidade de transplantar esas \u00e1rbores e concl\u00fae que no existe dita posibilidade, por diversos motivos, pero non di en ning\u00fan punto que te\u00f1an que talarse, que haxa que prescindir delas ou que entra\u00f1en perigos\u00bb. En primeiro lugar, pola avanzada idade de moitas delas (que poden sobrevivir no lugar no que est\u00e1n, pero non resistir\u00edan un transplante); en segundo, porque algunhas especies est\u00e1n afectadas por fungos e outros tipos de enfermidades (non hai que talalas, pero tampouco o soportar\u00edan); e en terceiro, o motivo fundamental, porque moitas son de gran porte, e far\u00eda falta maquinaria pesada para poder trasladalas dentro&nbsp;do&nbsp;recinto (a Lei de Patrimonio impide afectar aos elementos patrimoniais e&nbsp;do&nbsp;xard\u00edn que ser\u00eda necesario mover para introducir esas m\u00e1quinas).<\/p>\n\n\n\n<p>\u00abO que hai detr\u00e1s desta tala de \u00e1rbores en Santa Clara -aseverou- non \u00e9 unha decisi\u00f3n t\u00e9cnica; \u00e9 unha decisi\u00f3n pol\u00edtica&nbsp;do&nbsp;PP e de Rafa Dom\u00ednguez, que decide cometer este atentado, esta aberraci\u00f3n ecol\u00f3xica no xard\u00edn m\u00e1is antigo que conserva a cidade\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>Puentes tam\u00e9n chamou a atenci\u00f3n sobre o feito de que o proxecto de Nieto Sobejano prev\u00eda un edificio duns 550 metros cadrados pr\u00f3ximo ao recinto&nbsp;do&nbsp;claustro&nbsp;do&nbsp;convento, mentres que \u00abhoxe, t\u00e9\u00f1ense convertido, tralas modificaci\u00f3ns&nbsp;do&nbsp;se\u00f1or Dom\u00ednguez, nun edificio de 1.600 metros cadrados e desprazado, ademais, da zona orixinal\u00bb. O socialista esixe saber ademais \u00aben canto van incrementar estes cambios de superficie o custe das obras e canto m\u00e1is van supo\u00f1er para os petos de t\u00f3dolos pontevedreses e pontevedresas\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>A licencia municipal para realizar os traballos arqueol\u00f3xicos est\u00e1 supeditada a que Patrimonio autorice a tala das \u00e1rbores<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No transcurso das s\u00faas declaraci\u00f3ns aos medios, Puentes apuntou a un dos actores que xogar\u00e1 un papel m\u00e1is relevante \u00e1 hora de paralizar esta \u00abdeforestaci\u00f3n\u00bb: a Xunta de Galicia. Segundo precisou, a Deputaci\u00f3n solicitoulle no seu momento ao Concello de Pontevedra licencia municipal para poder acometer os traballos arqueol\u00f3xicos previstos en Santa Clara, unha petici\u00f3n \u00e1 que a Administraci\u00f3n Local respondeu favorablemente, \u00abpero, sendo conscientes de que o Goberno Provincial, de tapadillo, coa licencia de arqueolox\u00eda, pretend\u00eda inclu\u00edr a tala das \u00e1rbores que estamos mencionando, advert\u00edndolle que esa licencia concedida est\u00e1 supeditada a que Patrimonio da Xunta autorice a tala destas \u00e1rbores\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>Por este motivo, o l\u00edder&nbsp;do&nbsp;PSOE p\u00eddelle tam\u00e9n ao Goberno&nbsp;do&nbsp;&#8216;popular&#8217; Alfonso Rueda \u00abque non autorice esa tala e que o seu Servizo de Patrimonio te\u00f1a a sensibilidade que non te\u00f1en Rafa Dom\u00ednguez e a Deputaci\u00f3n para que as xeraci\u00f3ns futuras poidan desfrutar&nbsp;do&nbsp;que se preservou dunha zona verde, sen a cal o recinto conventual perder\u00eda todo o seu sentido e sen a cal non se cumprir\u00eda esa aspiraci\u00f3n que temos os pontevedreses de abrir os xard\u00edns cara a Barcelos\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>A moci\u00f3n rexistrada polo l\u00edder socialista tam\u00e9n apremia \u00e1 Deputaci\u00f3n, e en particular ao seu vicepresidente, a \u00abelaborar con car\u00e1cter inmediato o proxecto de conservaci\u00f3n e rehabilitaci\u00f3n integral dos xard\u00edns de Santa Clara, priorizando o seu uso p\u00fablico como zona de lecer e minimizando ao m\u00e1ximo a destruci\u00f3n de espazos verdes e o impacto da nova construci\u00f3n sobre o conxunto hist\u00f3rico\u00bb. En opini\u00f3n de Iv\u00e1n Puentes, estes xard\u00edns deben ser restaurados \u00abco menor impacto posible, tanto desde o punto de vista hist\u00f3rico como de usos futuros, \u00e9 dicir, respectando ao m\u00e1ximo a configuraci\u00f3n actual, que chegou ata n\u00f3s tras s\u00e9culos de actividade conventual; limitando as actuaci\u00f3ns \u00e1 accesibilidade desde o exterior, a mobilidade interior e a rehabilitaci\u00f3n e correcta conservaci\u00f3n das diferentes zonas axardinadas, de horta e bosque, xunto coa instalaci\u00f3n de iluminaci\u00f3n e mobiliario axeitado\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>Tal e como subli\u00f1ou, \u00ablonxe deste esp\u00edrito, o se\u00f1or Rafa Dom\u00ednguez est\u00e1 cami\u00f1o de cumprir os tres anos de mandato sen lograr un s\u00f3 avance significativo, nin nos traballos de rehabilitaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;conxunto conventual, nin na apertura dos xard\u00edns ao p\u00fablico\u00bb. \u00abA \u00fanica raz\u00f3n co\u00f1ecida para perpetrar esta aberraci\u00f3n inxustificable contra o noso patrimonio cultural e natural -criticou Puentes- \u00e9 a de liberar espazo para o novo edificio&nbsp;do&nbsp;Museo Provincial, necesidade que deber\u00eda ser compatible coa conservaci\u00f3n e restauraci\u00f3n deste espazo que logrou sobrevir case 800 anos e que agora a Deputaci\u00f3n quere deteriorar de xeito irreparable\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>A moci\u00f3n, que ser\u00e1 debatida o vindeiro luns no Pleno ordinario da Corporaci\u00f3n, foi rexistrada por v\u00eda de urxencia, xa que, como subli\u00f1a Iv\u00e1n Puentes, \u00abse a motoserra de Rafa Dom\u00ednguez chega a Santa Clara antes que a moci\u00f3n \u00e1 sesi\u00f3n plenaria, a eliminaci\u00f3n das \u00e1rbores xa non ter\u00e1 volta atr\u00e1s\u00bb.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pontevedra, m\u00e9rcores&nbsp;18 de marzo&nbsp;de 2026.-&nbsp;Al\u00e9n&nbsp;do&nbsp;absoluto abandono que marcou o devir&nbsp;do&nbsp;proxecto de restauraci\u00f3n desde que a Deputaci\u00f3n o incorporou ao seu patrimonio no ano 2023 trala oportuna cesi\u00f3n&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra, a nefasta xesti\u00f3n&nbsp;do&nbsp;seu vicepresidente, Rafa Dom\u00ednguez, viviu o seu episodio m\u00e1is grave cando se co\u00f1eceu a decisi\u00f3n pol\u00edtica de destru\u00edr uns 1.600 metros cadrados de xard\u00edn &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":37,"featured_media":1803,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[7,51],"tags":[],"class_list":["post-1802","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-desenvolvemento-sostible-e-medio-natural","category-patrimonio"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v24.0 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez &quot;saque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial&quot; nos xard\u00edns de Santa Clara: &quot;O exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable&quot; - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez &quot;saque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial&quot; nos xard\u00edns de Santa Clara: &quot;O exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable&quot; - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Pontevedra, m\u00e9rcores&nbsp;18 de marzo&nbsp;de 2026.-&nbsp;Al\u00e9n&nbsp;do&nbsp;absoluto abandono que marcou o devir&nbsp;do&nbsp;proxecto de restauraci\u00f3n desde que a Deputaci\u00f3n o incorporou ao seu patrimonio no ano 2023 trala oportuna cesi\u00f3n&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra, a nefasta xesti\u00f3n&nbsp;do&nbsp;seu vicepresidente, Rafa Dom\u00ednguez, viviu o seu episodio m\u00e1is grave cando se co\u00f1eceu a decisi\u00f3n pol\u00edtica de destru\u00edr uns 1.600 metros cadrados de xard\u00edn ...\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-03-18T12:20:06+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-03-18T12:20:07+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1536\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"2048\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"pontevedra2\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"pontevedra2\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"7 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\"},\"author\":{\"name\":\"pontevedra2\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3\"},\"headline\":\"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \u00absaque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\u00bb nos xard\u00edns de Santa Clara: \u00abO exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\u00bb\",\"datePublished\":\"2026-03-18T12:20:06+00:00\",\"dateModified\":\"2026-03-18T12:20:07+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\"},\"wordCount\":1576,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg\",\"articleSection\":[\"Desenvolvemento Sostible e Medio Natural\",\"Patrimonio\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\",\"name\":\"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \\\"saque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\\\" nos xard\u00edns de Santa Clara: \\\"O exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\\\" - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg\",\"datePublished\":\"2026-03-18T12:20:06+00:00\",\"dateModified\":\"2026-03-18T12:20:07+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg\",\"width\":1536,\"height\":2048},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \u00absaque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\u00bb nos xard\u00edns de Santa Clara: \u00abO exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\u00bb\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/\",\"name\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"description\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization\",\"name\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png\",\"contentUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png\",\"width\":422,\"height\":422,\"caption\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3\",\"name\":\"pontevedra2\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"pontevedra2\"},\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/author\/pontevedra2\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \"saque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\" nos xard\u00edns de Santa Clara: \"O exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\" - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \"saque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\" nos xard\u00edns de Santa Clara: \"O exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\" - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","og_description":"Pontevedra, m\u00e9rcores&nbsp;18 de marzo&nbsp;de 2026.-&nbsp;Al\u00e9n&nbsp;do&nbsp;absoluto abandono que marcou o devir&nbsp;do&nbsp;proxecto de restauraci\u00f3n desde que a Deputaci\u00f3n o incorporou ao seu patrimonio no ano 2023 trala oportuna cesi\u00f3n&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra, a nefasta xesti\u00f3n&nbsp;do&nbsp;seu vicepresidente, Rafa Dom\u00ednguez, viviu o seu episodio m\u00e1is grave cando se co\u00f1eceu a decisi\u00f3n pol\u00edtica de destru\u00edr uns 1.600 metros cadrados de xard\u00edn ...","og_url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/","og_site_name":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","article_published_time":"2026-03-18T12:20:06+00:00","article_modified_time":"2026-03-18T12:20:07+00:00","og_image":[{"width":1536,"height":2048,"url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg","type":"image\/jpeg"}],"author":"pontevedra2","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"pontevedra2","Tiempo de lectura":"7 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/"},"author":{"name":"pontevedra2","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3"},"headline":"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \u00absaque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\u00bb nos xard\u00edns de Santa Clara: \u00abO exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\u00bb","datePublished":"2026-03-18T12:20:06+00:00","dateModified":"2026-03-18T12:20:07+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/"},"wordCount":1576,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg","articleSection":["Desenvolvemento Sostible e Medio Natural","Patrimonio"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/","name":"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \"saque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\" nos xard\u00edns de Santa Clara: \"O exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\" - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg","datePublished":"2026-03-18T12:20:06+00:00","dateModified":"2026-03-18T12:20:07+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#primaryimage","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg","contentUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg","width":1536,"height":2048},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/ivan-puentes-eleva-ao-pleno-a-sua-ofensiva-para-impedir-que-rafa-dominguez-saque-a-motoserra-e-perpetre-un-atentado-ecoloxico-e-patrimonial-nos-xardins-de-santa-clara-o-exterminio-de-150-especi\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Iv\u00e1n Puentes eleva ao Pleno a s\u00faa ofensiva para impedir que Rafa Dom\u00ednguez \u00absaque a motoserra e perpetre un atentado ecol\u00f3xico e patrimonial\u00bb nos xard\u00edns de Santa Clara: \u00abO exterminio de 150 especies arb\u00f3reas na zona verde m\u00e1is antiga da cidade \u00e9 unha aberraci\u00f3n inxustificable\u00bb"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/","name":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","description":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","publisher":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization","name":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png","contentUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png","width":422,"height":422,"caption":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra"},"image":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3","name":"pontevedra2","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g","caption":"pontevedra2"},"url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/author\/pontevedra2\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2026\/03\/Foto1.jpeg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1802","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/users\/37"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1802"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1802\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1805,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1802\/revisions\/1805"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1803"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1802"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1802"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1802"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}