{"id":1168,"date":"2025-01-17T12:53:02","date_gmt":"2025-01-17T12:53:02","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/?p=1168"},"modified":"2025-01-17T12:53:03","modified_gmt":"2025-01-17T12:53:03","slug":"as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/","title":{"rendered":"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista"},"content":{"rendered":"\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><em>O alcalde, Miguel Anxo Fern\u00e1ndez Lores, e o portavoz socialista, Iv\u00e1n Puentes, asinan o documento que garante a aprobaci\u00f3n dunhas contas que xorden froito \u00abdo\u00a0mellor que pode haber en pol\u00edtica, que \u00e9 o consenso, o di\u00e1logo e a capacidade de po\u00f1erse de acordo en beneficio dunha cidade e dos seus veci\u00f1os e veci\u00f1as\u00bb. \u00abCreo na pol\u00edtica\u00a0do\u00a0consenso, fronte a outros que cren na confrontaci\u00f3n permanente e na pol\u00edtica de terra queimada\u00bb, asegura Puentes<\/em><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><strong>Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025.-<\/strong>&nbsp;\u00abCulminamos con esta sinatura dous meses de negociaci\u00f3ns para po\u00f1ernos de acordo nun orzamento e, polo tanto, sobre o que queremos facer en Pontevedra neste 2025. Como acontece sempre que hai acordos, este non ser\u00eda o orzamento que far\u00eda o PSOE en solitario, nin o que far\u00eda o BNG en solitario, pero iso non \u00e9 unha debilidade, sen\u00f3n unha tremenda fortaleza: este orzamento xorde&nbsp;do&nbsp;mellor que pode haber en pol\u00edtica, que \u00e9 o consenso, o di\u00e1logo e a capacidade de po\u00f1erse de acordo en beneficio dunha cidade e dos seus veci\u00f1os e veci\u00f1as. Creo na pol\u00edtica&nbsp;do&nbsp;consenso, fronte a outros que cren na confrontaci\u00f3n permanente, que d\u00e1 moitos titulares, pero non nos leva a ning\u00fan lugar ou cando menos a ning\u00fan lugar b\u00f3\u00bb. Deste xeito valorou o portavoz municipal&nbsp;do&nbsp;PSOE, Iv\u00e1n Puentes, o acordo asinado esta&nbsp;ma\u00f1\u00e1 co alcalde, Miguel Anxo Fern\u00e1ndez, para garantir a aprobaci\u00f3n das contas deste ano, que ser\u00e1n as m\u00e1is altas da historia de Pontevedra (superar\u00e1n os 98 mill\u00f3ns de euros).<\/p>\n\n\n\n<p>Puentes ironizou sobre o anunciado voto en contra&nbsp;do&nbsp;PP, asegurando que \u00abse tivese tan claro que me toca a Loter\u00eda como que o PP \u00eda votar que non ao orzamento, ser\u00eda bastante rico a d\u00eda de hoxe\u00bb. Na s\u00faa opini\u00f3n, os &#8216;populares&#8217; fixeron o que mellor se lle d\u00e1 a Rafa Dom\u00ednguez, \u00abque \u00e9 a pol\u00edtica de terra queimada, votar que non a todo e tentar desgastar ao m\u00e1ximo a quen est\u00e1 gobernando a costa de non darlle &#8216;alimento&#8217; e de privarlle dos cartos necesarios para facer as actuaci\u00f3ns que os veci\u00f1os reclaman\u00bb. \u00abEu non o comparto. Cando hai posibilidade de acordo, o valente e o responsable \u00e9 chegar a acordo. Iso \u00e9 o que os veci\u00f1os nos piden, que por enriba das diferencias, sexamos capaces de po\u00f1ernos de acordo. Quero que, dentro de dous anos, os veci\u00f1os fagan un balance&nbsp;do&nbsp;que lle deben a Rafa Dom\u00ednguez e&nbsp;do&nbsp;que lles deben ao PSOE e ao BNG neste mandato. De momento, en 2024 e 2025, a Rafa Dom\u00ednguez non lle van deber nada\u00bb, subli\u00f1ou.<\/p>\n\n\n\n<p>A boa sinton\u00eda vivida nestas negociaci\u00f3ns tam\u00e9n foi transmitida polo rexedor municipal, quen agradeceu \u00abespecialmente o talante, a disposici\u00f3n e o compromiso&nbsp;do&nbsp;PSOE para aprobar este orzamento e para que poidamos traballar conxuntamente en mellorar a calidade de vida da xente, en avanzar e en mirar cara ao futuro\u00bb. Segundo explicou, son \u00abuns orzamentos de futuro, que nos van permitir adiantarnos aos retos que est\u00e1n por chegar ao longo dos vindeiros anos\u00bb, que te\u00f1en como eixos fundamentais \u00aba adaptaci\u00f3n contra o cambio clim\u00e1tico, a mellora da calidade de vida de t\u00f3dolos veci\u00f1os e veci\u00f1as, a promoci\u00f3n e proxecci\u00f3n da cidade e a continuidade&nbsp;do&nbsp;mantemento de espazos e equipamentos p\u00fablicos\u00bb.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" data-id=\"1171\" src=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-3-1024x768.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1171\" srcset=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-3-1024x768.jpeg 1024w, https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-3-300x225.jpeg 300w, https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-3-768x576.jpeg 768w, https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-3-1536x1152.jpeg 1536w, https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-3.jpeg 1600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p>Lores destacou a importancia de chegar a este acordo \u00abcos seus socios preferentes de Goberno, historicamente\u00bb, admitindo que \u00aben 25 anos, se esta cidade avanzou foi porque tivemos o apoio&nbsp;do&nbsp;PSOE, estivese no Goberno ou non\u00bb. \u00abSe non, non poderiamos ter chegado a onde chegamos. Agardo que poidamos seguir as\u00ed, porque ao final o que nos move a todos \u00e9 continuar avanzando e situando a Pontevedra como referente de moitas cousas\u00bb, afirmou.<\/p>\n\n\n\n<p>\ud83c\udf39O&nbsp;<strong>acordo<\/strong>&nbsp;acadado co Goberno Local para a aprobaci\u00f3n dos&nbsp;<strong>Orzamentos de Pontevedra para 2025<\/strong>&nbsp;fundam\u00e9ntase nunha vintena de aportaci\u00f3ns e melloras que o Grupo Municipal&nbsp;do&nbsp;PSOE considera esenciais. Os&nbsp;<strong>compromisos clave<\/strong>&nbsp;acadados nesta negociaci\u00f3n que levan a&nbsp;<strong>sinatura socialista<\/strong>&nbsp;son os seguintes:<\/p>\n\n\n\n<p>1.&nbsp;<strong>Renaturalizaci\u00f3n da ribeira urbana&nbsp;do&nbsp;L\u00e9rez e&nbsp;do&nbsp;Verdugo<\/strong>: redacci\u00f3n dos proxectos de execuci\u00f3n material das obras de renaturalizaci\u00f3n e recuperaci\u00f3n da ribeira urbana&nbsp;do&nbsp;r\u00edo L\u00e9rez na s\u00faa marxe dereita, entre a Ponte dos Tirantes e a AP-9 (r\u00faas Rafael Areses, Xoan Manuel Pintos e&nbsp;Domingo&nbsp;Font\u00e1n); rematando, tam\u00e9n, o proxecto da chamada \u201cparcela dos circos\u201d en Mollabao e supervisando co Ministerio para a Transici\u00f3n Ecol\u00f3xica a licitaci\u00f3n e contrataci\u00f3n das obras para a recuperaci\u00f3n da parcela&nbsp;do&nbsp;antigo campo de f\u00fatbol de Ponte Sampaio (<strong>50.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>2.&nbsp;<strong>Proxecto de recuperaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;Ben de Interese Cultural (BIC) das Ace\u00f1as&nbsp;do&nbsp;L\u00e9rez<\/strong>: no treito comprendido entre a avenida de Bos Aires, a praia fluvial, o sal\u00f3ns&nbsp;do&nbsp;L\u00e9rez, o contorno&nbsp;do&nbsp;Mosteiro de San Bieito e a Illa das Esculturas; en base ao plan financiado en 2022 pola Xunta e o Goberno de Espa\u00f1a dentro da convocatoria de &#8216;Proxectos sostibles de mantemento e rehabilitaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;patrimonio hist\u00f3rico con uso tur\u00edstico&#8217;, no marco&nbsp;do&nbsp;Plan de Recuperaci\u00f3n, Transformaci\u00f3n e Resiliencia da UE (<strong>50.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>3.&nbsp;<strong>Parque de Valdecorvos (inundaci\u00f3ns Fernando Olmedo)<\/strong>: redacci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;plan de mellora ambiental, paisax\u00edstica e de usos de lecer da zona verde situada ao longo&nbsp;do&nbsp;rego de Valdecorvos, en paralelo \u00e1 r\u00faa Prado Novo, integrado co proxecto para crear balsas de inundaci\u00f3n natural e previr os recorrentes asolagamentos na r\u00faa Padre Fernando Olmedo (<strong>15.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>4.&nbsp;<strong>R\u00edo dos Gafos<\/strong>: redacci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;proxecto de execuci\u00f3n material para a recuperaci\u00f3n e restauraci\u00f3n ecol\u00f3xica&nbsp;do&nbsp;r\u00edo dos Gafos no treito comprendido entre a r\u00faa Rosal\u00eda de Castro e a avenida das Corbaceiras, dando continuidade ao xa executado entre a r\u00faa da Tablada e Xeneral Rub\u00edn e ao pendente de contrataci\u00f3n no tramo soterrado que discorre por Campolongo (<strong>50.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>5.&nbsp;<strong>Mellora da mobilidade no contorno de San Roque e Ra\u00ed\u00f1a Vitoria<\/strong>: elaboraci\u00f3n dun estudo de mobilidade que oriente a ordenaci\u00f3n de tr\u00e1ficos e o uso&nbsp;do&nbsp;espazo p\u00fablico nesta zona, desde o Campo da Torre ata a r\u00faa dos Palamios (<strong>25.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>6.&nbsp;<strong>Praza de Mollabao<\/strong>: urbanizaci\u00f3n da parcela situada baixo a ponte da autoestrada AP-9, entre a r\u00faa Rosal\u00eda de Castro e o Parque de Educaci\u00f3n Viaria, instalando previamente a rede de protecci\u00f3n entre ambos taboleiros da ponte para evitar a ca\u00edda de obxectos (<strong>47.572 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>7.&nbsp;<strong>Parque entre a r\u00faa Serra e a avenida de Bos Aires<\/strong>: execuci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;novo parque infantil e das obras de axardinamento e mellora de todo este espazo, unha vez se materialice a cesi\u00f3n dos terreos por parte da Xunta (<strong>280.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>8.&nbsp;<strong>Prezo da vivenda<\/strong>: completar os tr\u00e1mites para a declaraci\u00f3n de Pontevedra como zona de mercado residencial tensionado (sen necesidade de consignaci\u00f3n orzamentaria).<\/p>\n\n\n\n<p>9.&nbsp;<strong>Chan industrial<\/strong>: elaboraci\u00f3n dun estudo para a ubicaci\u00f3n e xeraci\u00f3n de novo chan industrial en Pontevedra, en particular no que atinxe \u00e1 creaci\u00f3n dun Porto Seco en Leborei, na parroquia de Cerponz\u00f3ns (<strong>50.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>10.&nbsp;<strong>Mantemento de colexios p\u00fablicos<\/strong>: consolidar o incremento de&nbsp;<strong>200.000 \u20ac<\/strong>&nbsp;realizado nesta partida (a trav\u00e9s das modificaci\u00f3ns de cr\u00e9dito de 2024), ata situala en&nbsp;<strong>400.000 \u20ac\/ano<\/strong>, tendo en conta esta cont\u00eda anual para a futura licitaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;novo contrato en 2025.<\/p>\n\n\n\n<p>11.&nbsp;<strong>Subvenci\u00f3ns a entidades deportivas<\/strong>: incremento dun 10 % (equivalente ao IPC desde 2021) nas subvenci\u00f3ns anuais, convocando en 2025 as axudas correspondentes ao per\u00edodo 2025-2026 (uns&nbsp;<strong>30.000 \u20ac m\u00e1is<\/strong>).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>12.&nbsp;<strong>Circu\u00edto de pump track<\/strong>: xestionar co Instituto Galego de Vivenda e Solo a cesi\u00f3n ao Concello de Pontevedra das parcelas sobre as que se sit\u00faa o circu\u00edto BTT de Monte Porreiro e, unha vez que estean cedidas, estudar a transformaci\u00f3n deste espazo nunha pista de pump track (sen necesidade de consignaci\u00f3n orzamentaria).<\/p>\n\n\n\n<p>13.&nbsp;<strong>Incremento&nbsp;do&nbsp;Contrato de Pequenas Obras de Reparaci\u00f3n e Acondicionamiento nas V\u00edas P\u00fablicas Rurais de Pontevedra<\/strong>: destinando aproximadamente 100.000 euros m\u00e1is para o mantemento de cami\u00f1os e 480.000 m\u00e1is para apertura de novos cami\u00f1os e obras maiores nos xa existentes, achegando o Grupo Municipal&nbsp;do&nbsp;PSdeG-PSOE propostas de actuaci\u00f3n concretas que ser\u00e1n estudadas xunto co&nbsp;do&nbsp;BNG (incremento en&nbsp;<strong>580.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>14.&nbsp;<strong>Centros socioculturais<\/strong>: executar un programa plurianual de mantemento e mellora dos centros sociais dos barrios e parroquias&nbsp;do&nbsp;Concello, destinando aproximadamente 200.000 \u20ac para mantemento e 200.000 para obras maiores nestes espazos (<strong>400.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>15.&nbsp;<strong>Saneamento<\/strong>: redacci\u00f3n dun plan para a extensi\u00f3n da rede de saneamento municipal que, en paralelo \u00e1s obras contempladas no contrato de concesi\u00f3n de Viaqua, permita completar dita rede en todo o termo municipal, d\u00e1ndolle este servizo \u00e1s vivendas que quedan exclu\u00eddas no antedito contrato (<strong>15.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>16.&nbsp;<strong>Saneamento en Ponte Mu\u00ed\u00f1os<\/strong>: conexi\u00f3n \u00e1 nova rede de saneamento das vivendas pendentes en Ponte Mu\u00ed\u00f1os, con financiaci\u00f3n a cargo&nbsp;do&nbsp;canon de Viaqua (<strong>100.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>17.&nbsp;<strong>Rede de desfibriladores DEA\/DESA<\/strong>: compra e instalaci\u00f3n de 10 desfibriladores externos, 3 m\u00f3biles para Polic\u00eda Local, Bombeiros e Protecci\u00f3n Civil e 7 para instalaci\u00f3ns municipais e puntos centrais da v\u00eda p\u00fablica (<strong>15.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>18.&nbsp;<strong>Rede de cambiadores inclusivos&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra<\/strong>: transformaci\u00f3n de, polo menos, dous aseos de dependencias institucionais ou locais comerciais en cambiadores inclusivos completos, non s\u00f3 para persoas ostomizadas (<strong>100.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>19.&nbsp;<strong>Benestar Social<\/strong>: incremento&nbsp;do&nbsp;persoal da \u00c1rea de Benestar Social, cubrindo con car\u00e1cter inmediato a praza vacante de t\u00e9cnico\/a A2 que existe na actualidade e a de administrativo\/a que quedar\u00e1 vacante por xubilaci\u00f3n. Ademais, na primeira modificaci\u00f3n&nbsp;do&nbsp;cadro de persoal que se remita a Pleno no ano 2025, crearase unha nova praza de traballador\/a social. Procurarase, na medida&nbsp;do&nbsp;posible, garantir o car\u00e1cter estable e permanente dos postos de traballo desta \u00e1rea (<strong>100.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>20.&nbsp;<strong>Carreira profesional dos traballadores\/as&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra<\/strong>: creaci\u00f3n dunha partida espec\u00edfica para a an\u00e1lise da carreira profesional&nbsp;do&nbsp;plantel municipal, dot\u00e1ndoa neste 2025&nbsp;do&nbsp;orzamento necesario para o estudo previo e o inicio dos traballos (irase suplementando a partida coa cantidade de cartos precisa).<\/p>\n\n\n\n<p>21.&nbsp;<strong>Produtividade dos traballadores&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra<\/strong>: incrementar ata os 200.000 euros a partida de produtividade, duplicando os cartos destinados a esta fin e acordando uns criterios obxectivos de reparto efectivo destes cartos entre os traballadores durante o 2025 (aumento en&nbsp;<strong>100.000 \u20ac<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>22.&nbsp;<strong>Normativa municipal<\/strong>. Rematar a emisi\u00f3n de informes e a tramitaci\u00f3n dos expedientes correspondentes \u00e1s tres proposici\u00f3ns normativas rexistradas polo Grupo Municipal&nbsp;do&nbsp;PSdeG-PSOE no ano 2024:<\/p>\n\n\n\n<p>1- Modificaci\u00f3n da<strong>&nbsp;Ordenanza<\/strong>&nbsp;Municipal Reguladora da&nbsp;<strong>Venda Ambulante<\/strong>&nbsp;para&nbsp;<strong>trasladar a feira semanal<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>2- Modificaci\u00f3n da&nbsp;<strong>Ordenanza<\/strong>&nbsp;Municipal Reguladora da&nbsp;<strong>Mobilidade Am\u00e1bel<\/strong>&nbsp;e da Utilizaci\u00f3n dos Espazos P\u00fablicos no Concello de Pontevedra para&nbsp;<strong>favorecer o transporte de menores e o uso de remolques en bicicleta<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>3- Iniciar a tramitaci\u00f3n da&nbsp;<strong>Ordenanza<\/strong>&nbsp;Municipal de Protecci\u00f3n, Benestar e Tenza de&nbsp;<strong>Animais de Compa\u00f1\u00eda<\/strong>&nbsp;do&nbsp;Concello de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p>\ud83c\udf39O acordo tam\u00e9n se fundamenta na execuci\u00f3n, ao longo de 2025, daqueles pactos acadados entre os grupos municipais&nbsp;do&nbsp;BNG e&nbsp;do&nbsp;PSdeG-PSOE para a aprobaci\u00f3n das&nbsp;<strong>modificaci\u00f3ns de cr\u00e9dito tramitadas nos exercizos 2023 e 2024<\/strong>, incorporando ao orzamento de 2025 aquelas que legalmente sexa posible. Deste xeito, aos&nbsp;<strong>2.207.572 \u20ac<\/strong>&nbsp;dos&nbsp;<strong>novos compromisos<\/strong>&nbsp;acadados (1,4 mill\u00f3ns de \u20ac de investimento, 545.000 \u20ac en axudas e mantemento e 200.000 en persoal), hai que sumarlle&nbsp;<strong><a href=\"1.931.627,45\">1.931.627,45<\/a>&nbsp;\u20ac<\/strong>&nbsp;de&nbsp;<strong>compromisos en v\u00edas de execuci\u00f3n<\/strong>&nbsp;mediante modificaci\u00f3ns de cr\u00e9dito. As\u00ed, as melloras e proxectos negociados polo Partido Socialista ascenden a un total de&nbsp;<strong><a href=\"4.139.199,45\">4.139.199,45<\/a>&nbsp;\u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>\ud83c\udf39<strong>Os acordos pendentes:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>1. Modificaci\u00f3n de cr\u00e9dito 8\/2023: incorporar directamente ao orzamento de 2025 e executar as seguintes actuaci\u00f3ns:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2714\ufe0f Convenio coa Asociaci\u00f3n Os Palleiros para o funcionamento da&nbsp;<strong>canceira municipal<\/strong>, regularizando o seu financiamento:&nbsp;<strong>40.000 \u20ac<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u2714\ufe0fExecuci\u00f3n dos proxectos inclu\u00eddos no PSTD (<strong>Plan de Sostibilidade Tur\u00edstica en Destino<\/strong>):&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; Continuaci\u00f3n da&nbsp;<strong>V\u00eda Verde<\/strong>&nbsp;do&nbsp;Saln\u00e9s ata Pontevedra:&nbsp;<strong>576.888 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; Programa de&nbsp;<strong>iluminaci\u00f3n<\/strong>&nbsp;de espazos naturais (<strong>Illa das Esculturas e Xunqueira de Alba<\/strong>):&nbsp;<strong>218.562 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211;&nbsp;<strong>Conexi\u00f3n peonil Alba-Parque da Tomba<\/strong>:&nbsp;<strong>200.000 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>2. Modificaci\u00f3n de cr\u00e9dito 11\/2023: incorporar v\u00eda modificaci\u00f3n de cr\u00e9dito ao orzamento de 2025, licitar e contratar, as seguintes obras:&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u2714\ufe0f Reforma integral da<strong>&nbsp;Praza de Pasar\u00f3n<\/strong>:&nbsp;<strong>399.985,04 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2714\ufe0fApertura ao p\u00fablico dos<strong>&nbsp;xard\u00edns Uned<\/strong>:&nbsp;<strong>151.193,41 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2714\ufe0fObra para dotar dunha&nbsp;<strong>malla protectora<\/strong>&nbsp;a&nbsp;<strong>ponte da autoestrada AP-9<\/strong>&nbsp;ao seu paso polo barrio de&nbsp;<strong>Mollavao<\/strong>:&nbsp;<strong>45.000 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>3. Modificaci\u00f3n de cr\u00e9dito 4\/2024: incorporar directamente ao orzamento de 2025, licitar e contratar:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2714\ufe0f<strong>Reforma paisax\u00edstica<\/strong>&nbsp;das zonas axardinadas das&nbsp;<strong>r\u00faas Luxemburgo, Irlanda, Reino Unido e Alema\u00f1a<\/strong>&nbsp;(Monte Porreiro):&nbsp;<strong>299.999 \u20ac<\/strong>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025.-&nbsp;\u00abCulminamos con esta sinatura dous meses de negociaci\u00f3ns para po\u00f1ernos de acordo nun orzamento e, polo tanto, sobre o que queremos facer en Pontevedra neste 2025. Como acontece sempre que hai acordos, este non ser\u00eda o orzamento que far\u00eda o PSOE en solitario, nin o que far\u00eda o BNG en &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":37,"featured_media":1169,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[12,34],"tags":[],"class_list":["post-1168","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-gobernabilidade","category-orzamentos"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v24.0 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025.-&nbsp;\u00abCulminamos con esta sinatura dous meses de negociaci\u00f3ns para po\u00f1ernos de acordo nun orzamento e, polo tanto, sobre o que queremos facer en Pontevedra neste 2025. Como acontece sempre que hai acordos, este non ser\u00eda o orzamento que far\u00eda o PSOE en solitario, nin o que far\u00eda o BNG en ...\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-01-17T12:53:02+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2025-01-17T12:53:03+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1600\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"1200\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"pontevedra2\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"pontevedra2\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"10 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\"},\"author\":{\"name\":\"pontevedra2\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3\"},\"headline\":\"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista\",\"datePublished\":\"2025-01-17T12:53:02+00:00\",\"dateModified\":\"2025-01-17T12:53:03+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\"},\"wordCount\":2336,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg\",\"articleSection\":[\"Gobernabilidade\",\"Orzamentos\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\",\"name\":\"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg\",\"datePublished\":\"2025-01-17T12:53:02+00:00\",\"dateModified\":\"2025-01-17T12:53:03+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg\",\"width\":1600,\"height\":1200},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/\",\"name\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"description\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization\",\"name\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png\",\"contentUrl\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png\",\"width\":422,\"height\":422,\"caption\":\"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3\",\"name\":\"pontevedra2\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"pontevedra2\"},\"url\":\"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/author\/pontevedra2\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","og_description":"Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025.-&nbsp;\u00abCulminamos con esta sinatura dous meses de negociaci\u00f3ns para po\u00f1ernos de acordo nun orzamento e, polo tanto, sobre o que queremos facer en Pontevedra neste 2025. Como acontece sempre que hai acordos, este non ser\u00eda o orzamento que far\u00eda o PSOE en solitario, nin o que far\u00eda o BNG en ...","og_url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/","og_site_name":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","article_published_time":"2025-01-17T12:53:02+00:00","article_modified_time":"2025-01-17T12:53:03+00:00","og_image":[{"width":1600,"height":1200,"url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg","type":"image\/jpeg"}],"author":"pontevedra2","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"pontevedra2","Tiempo de lectura":"10 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/"},"author":{"name":"pontevedra2","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3"},"headline":"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista","datePublished":"2025-01-17T12:53:02+00:00","dateModified":"2025-01-17T12:53:03+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/"},"wordCount":2336,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg","articleSection":["Gobernabilidade","Orzamentos"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/","name":"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista - Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg","datePublished":"2025-01-17T12:53:02+00:00","dateModified":"2025-01-17T12:53:03+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#primaryimage","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg","contentUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg","width":1600,"height":1200},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/as-claves-do-acordo-entre-psoe-e-bng-para-a-aprobacion-dos-orzamentos-de-pontevedra-para-2025-unha-vintena-de-proxectos-e-melloras-coa-sinatura-socialista\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"As claves\u00a0do\u00a0acordo entre PSOE e BNG para a aprobaci\u00f3n dos Orzamentos de Pontevedra para 2025: unha vintena de proxectos e melloras coa sinatura socialista"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#website","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/","name":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","description":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","publisher":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#organization","name":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png","contentUrl":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Logotipo_electoral_del_PSOE.png","width":422,"height":422,"caption":"Agrupaci\u00f3n Socialista de Pontevedra"},"image":{"@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/b5777571bc0b824d896d62c037ea55d3","name":"pontevedra2","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7d5d812aaa9a64ecdf0573b90940ace4?s=96&d=mm&r=g","caption":"pontevedra2"},"url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/author\/pontevedra2\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-content\/uploads\/sites\/38\/2025\/01\/Lores-Puentes-1.jpeg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1168","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/users\/37"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1168"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1168\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1172,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1168\/revisions\/1172"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1169"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1168"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1168"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionespsoe.es\/pontevedra\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1168"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}