Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Valentín Formoso asiste ao nomeamento de Francisco Caamaño como Fillo predilecto de Cee

-O presidente socialista da Deputación da Coruña participou da homenaxe ao xurista, que foi ministro de Xustiza con José Luis Rodríguez Zapatero.


O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, asistiu ao nomeamento do xurista ceense Francisco Caamaño como fillo predilecto do seu municipio natal.

No acto, na Casa do Pobo da localidade, tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas López, así como alcaldes e alcaldesas da comarca.

O homenaxeado recibiu a distinción de mans da rexedora ceense, a socialista Margarita Lamela, coa presenza dos numerosos veciños e veciñas que se achegaron ata o auditorio do edificio municipal. Despois, descubriuse unha placa co seu nome no Xardín dos Ceenses Ilustres.

Francisco Caamaño é avogado, profesor e Catedrático de Dereito Constitucional, sendo letrado do Tribunal Constitucional entre 1993 e 2001. Militante do PSOE, foi ministro de Xustiza de 2009 a 2011, baixo a presidencia de José Luis Rodríguez Zapatero, ademais de secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE da Coruña entre 2012 e 2014.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes