Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSdeG valora o apoio da Deputación da Coruña ao proxecto “En familia, tod@s contan” de ADIANTE nas Pontes

O PSdeG salienta o compromiso da Deputación da Coruña coa prevención das adiccións e co fortalecemento das familias da comarca ao financiar o proxecto “En familia, tod@s contan”, promovido pola Asociación ADIANTE das Pontes.

Formoso, e o presidente de ADIANTE, Roberto Fernández Castro, asinaron o convenio de colaboración que supón unha achega de 7.097 euros, o 75 % do orzamento total do proxecto, cun investimento global de 9.463 euros. Esta iniciativa está dirixida a familias en situación de vulnerabilidade ante o consumo de substancias aditivas e busca reforzar os factores de protección no ámbito familiar.

“O apoio da Deputación da Coruña a este tipo de iniciativas demostra que a política local pode ser unha ferramenta transformadora, capaz de mellorar a calidade de vida das familias e de xerar contornas máis resilientes e inclusivas”, explicou Formoso.

Desde o PSdeG destacan que proxectos como “En familia, tod@s contan” evidencian que a acción pública non só debe centrarse na asistencia, senón tamén na prevención e na educación, ferramentas clave para construír comunidades máis seguras e saudables. A través deste programa, as familias contarán con sesións grupais e atención individualizada por profesionais da psicoloxía e da educación social, contribuíndo á mellora da comunicación, a supervisión parental e a xestión de conflitos.

A Asociación ADIANTE, con máis de tres décadas de traxectoria, reforza así o seu papel como referente na atención integral ás adiccións na comarca, traballando en coordinación cos servizos sociais, sanitarios e educativos da provincia da Coruña.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes