Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG impulsa o apoio da Deputación á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, referente en inclusión

A deputada provincial socialista, Mar García Vidal, visitou a Asociación Nuestra Señora de Chamorro en Narón para coñecer de primeira man o labor desta entidade na atención a persoas con discapacidade intelectual e para interesarse polos seus proxectos e necesidades.

A Asociación, que conta cun centro ocupacional con 90 persoas usuarias e un centro de día con 35, desenvolve programas de autonomía persoal, formación prelaboral e inclusión social, promovendo a participación activa das persoas con discapacidade na comunidade.

Durante a visita, a deputada provincial destacou “o papel fundamental de entidades como Chamorro na construción dunha sociedade máis inclusiva” e subliñou o compromiso da Deputación da Coruña co benestar social e a igualdade de oportunidades.

A Deputación colabora coa entidade desde hai anos mediante axudas para mellorar instalacións, apoiar o funcionamento dos centros e este ano tamén para a adquisición dun vehículo adaptado, esencial para garantir o acceso ao centro e a participación en actividades comunitarias.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes