Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSdeG aplaude o reforzo da Deputación da Coruña ao transporte adaptado de Íntegro cun novo vehículo

O PSdeG salienta o reforzo do transporte adaptado para persoas con diversidade funcional coa entrega da Deputación dun novo vehículo á Asociación Íntegro, que facilitará os desprazamentos diarios das persoas usuarias aos seus centros de atención na Costa da Morte.

A deputada provincial socialista de Política Social, Mar García Vidal, participou na visita ás instalacións da entidade en Nantón (Cabana de Bergantiños), onde coñeceu de primeira man os servizos que ofrece Íntegro, como rehabilitación física, formación ocupacional, centro de día e actividades de ocio e tempo libre.

García Vidal destacou que “o transporte adaptado é un recurso clave para garantir autonomía e participación activa das persoas con diversidade funcional, especialmente en comarcas con poboación dispersa”, e felicitou á Deputación pola acción que mellora a calidade de vida destas persoas.

O novo vehículo permitirá optimizar rutas, aumentar a eficiencia do servizo e reforzar a atención ás persoas usuarias, evidenciando o compromiso compartido da Deputación e do PSdeG coa igualdade de oportunidades e a inclusión das persoas con diversidade funcional en Galicia.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes