Formoso presenta un apoio de 100.000 euros ao Banco de Alimentos da Coruña
O presidente socialista da institución provincial reforzou o papel da institución como garante da cohesión social e do apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade coa firma dun convenio co Banco de Alimentos da Coruña.
O acordo, rubricado polo presidente provincial Valentín González Formoso e Manuel Mora, asegura o financiamento necesario para manter e fortalecer a actividade da entidade sen ánimo de lucro, que desempeña unha labor esencial na recollida, almacenamento e distribución de alimentos.
O PSdeG incide na importancia desde tipo de colaboracións (dispón dun orzamento total de 138.221,15 euros, do que a Deputación achega ata 100.000 euros, máis do 72% do financiamento), que garanten a continuidade dun servizo básico e de alto impacto social na provincia.
Formoso destacou a importancia desta colaboración nun contexto social complexo, no que Galicia presenta unha taxa de risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) do 18,8%, segundo os últimos datos de 2024.
Nese senso, subliñou que este convenio non só garante o acceso a alimentos de primeira necesidade para miles de familias, senón que tamén reforza a cohesión social e fortalece a resposta solidaria da provincia, permitindo á entidade desenvolver o seu labor con eficacia e dignidade. “Desde a Deputación da Coruña consideramos imprescindible colaborar coas entidades sociais para ofrecer respostas reais e próximas ás necesidades da cidadanía, consolidando a rede de solidariedade provincial e complementando a acción pública”, afirmou o Formoso.

O Banco de Alimentos repartiu o ano pasado 1.710.726 quilos e litros de alimentos a través de 119 entidades colaboradoras, chegando a 24.669 persoas beneficiarias en toda a provincia.
RRSS