Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Formoso lembra que “coñecer o que ocorreu é esencial para que non volva pasar nunca máis”

“Estas accións lembran que os dereitos democráticos hai que cultivalos, preservalos e defendelos cada día, e é algo que temos que transmitir ás xeracións vindeiras”

O presidente socialista, Valentín González Formoso, destacou hoxe a importancia de preservar a memoria democrática e seguir avanzando na recuperación da historia das persoas represaliadas polo franquismo, durante a sinatura dun convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

“Estas accións lembran que os dereitos democráticos hai que cultivalos, preservalos e defendelos cada día, e é algo que temos que transmitir ás xeracións vindeiras”, sinalou. “Dignificar ás vítimas e coñecer o aspecto emocional das familias dos exhumados é fundamental e vai chegar ao corazón das xeracións máis novas para que saiban o que neste país houbo que pelexar para que poidamos vivir en liberdade”, engadiu.

O acordo, dotado con 150.000 euros pola Deputación, permitirá impulsar traballos de investigación, exhumación e identificación de vítimas da represión franquista nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral), que serán desenvolvidos polo grupo de investigación HISTAGRA da USC.

O presidente provincial puxo en valor o compromiso da Deputación coa memoria histórica, destacando que estas actuacións contribúen a preservar a verdade histórica e a transmitir ás novas xeracións a importancia de defender cada día os valores democráticos.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes