Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

A Deputación da Coruña reforza os servizos sociais con 377.000 horas de axuda no fogar e 177 novos profesionais

O presidente socialista da institución provincial a reivindica o reforzo da rede pública de atención social nos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes.

A institución provincial financia 377.991 horas de servizo de axuda no fogar (SAF) e permite a contratación de 177 profesionais do ámbito social, co obxectivo de garantir unha atención de proximidade e de calidade ás persoas maiores, dependentes ou en situación de vulnerabilidade.

Formoso subliñou que “esta iniciativa responde á crecente demanda de servizos sociais, derivada do progresivo envellecemento da poboación, e destacou que o SAF é fundamental para garantir a igualdade de dereitos en todo o territorio”.

O investimento total ascende a 8.855.329 euros, incluíndo o 100 % do custo salarial do persoal contratado, contribuíndo á creación de emprego estable e cualificado no ámbito social e ao reforzo das administracións locais. O programa distribúese de maneira equilibrada por todas as comarcas da provincia, permitindo financiar máis de 64.000 horas na Coruña-Betanzos, 39.000 no Barbanza, 83.000 en Bergantiños-Costa da Morte, 111.000 en Ferrolterra, Eume e Ortegal e 80.500 na comarca de Santiago.

Este reforzo compleméntase con outros servizos provinciais, como a Teleasistencia. o apoio a entidades sociais ou a promoción dun novo modelo de residencias públicas, que terán os seus proxectos piloto en As Pontes, Rianxo e Ordes.

“Este programa consolida unha Deputación forte e próxima aos concellos, garantindo servizos sociais profesionais, accesibles e de calidade para toda a cidadanía” explicou Formoso.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes