Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Category: A Coruña

O Grupo Provincial Socialista destaca o apoio da Deputación da Coruña ás protectoras de animais con preto de 179.000 euros

Valentín González Formoso asinou este acordo co obxectivo de reforzar o apoio da institución provincial ás entidades que traballan na protección e coidado dos animais abandonados na provincia O Grupo Provincial Socialista da Deputación da Coruña destacou o compromiso do goberno provincial co benestar animal a través da concesión de 178.978,40 euros en axudas destinadas …

A Deputación da Coruña convoca 48 bolsas de investigación e perfeccionamento artístico por 480.000 euros

O Grupo Provincial Socialista lembra que a Deputación da Coruña acaba de publicar as bases da convocatoria de bolsas destinadas a apoiar aos mozos e mozas da provincia na realización de proxectos de investigación e no perfeccionamento dos seus estudos artísticos durante o curso 2026-2027. Trátase dunha aposta firme pola formación, pola creación de oportunidades …

A Deputación da Coruña organiza a III Xornada sobre a Brecha de Xénero no Deporte no marco do 8M

O deputado provincial socialista e responsable da área de Deportes, Antonio Leira, destacou o compromiso da Deputación coa igualdade real no deporte coa celebración, o vindeiro 5 de marzo no INEF de Bastiagueiro, da III Xornada sobre a Brecha de Xénero no Deporte, enmarcada nas actividades do 8M. Leira subliñou que “desde o PSdeG temos …

Ábrese prazo para solicitar as axudas para asociacións veciñais e de mulleres

O grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña puxo en valor a nova convocatoria de axudas destinada a asociacións veciñais e de mulleres, dotada con 225.000 euros, como unha mostra do compromiso do goberno progresista coa dinamización social e económica do rural. A liña está dirixida a entidades sen ánimo de lucro de concellos …

A Deputación da Coruña reforza os servizos sociais con 377.000 horas de axuda no fogar e 177 novos profesionais

O presidente socialista da institución provincial a reivindica o reforzo da rede pública de atención social nos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes. A institución provincial financia 377.991 horas de servizo de axuda no fogar (SAF) e permite a contratación de 177 profesionais do ámbito social, co obxectivo de garantir unha atención de …

Formoso destaca unha Deputación forte que inviste 13,4 millóns para mellorar os servizos sociais na provincia

O PSdeG pon en valor a forza da Deputación da Coruña como motor de cohesión social e territorial na provincia, tras o peche das convocatorias de axudas de Política Social para 2026, que recibiron máis de 330 solicitudes e mobilizarán 13,4 millóns de euros para concellos e entidades sociais. A deputada socialista de Política Social, …

Formoso presenta un apoio de 100.000 euros ao Banco de Alimentos da Coruña

O presidente socialista da institución provincial reforzou o papel da institución como garante da cohesión social e do apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade coa firma dun convenio co Banco de Alimentos da Coruña. O acordo, rubricado polo presidente provincial Valentín González Formoso e Manuel Mora, asegura o financiamento necesario para manter e fortalecer …

O Grupo Provincial Socialista da Coruña participa na homenaxe a Francisco Pérez Carballo e Juana Capdevielle, vítimas da represión franquista

O voceiro do Grupo Provincial Socialista, Bernardo Fernández, encabezou a representación institucional no acto de lembranza ao último gobernador civil republicano e á súa esposa, asasinados en 1936 polos golpistas O Grupo Provincial Socialista da Coruña, a través do seu voceiro participou hoxe no acto de homenaxe e descubrimento dunha placa conmemorativa na sede da …

Valentín Formoso e Inés Rey asinan un convenio de 1,5 millóns para levar á Orquestra Sinfónica de Galicia por toda a provincia

-O presidente da Deputación e a alcaldesa socialista da Coruña, presidenta tamén do Consorcio para a Promoción da Música, confirman deste xeito o apoio destas institucións á cultura na provincia O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, e a alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio para a Promoción da Música, …

Formoso defende o grao de Medicina na Coruña: “Se cada ano hai 2.600 estudantes que quedan sen praza e siguen faltando médicos en Galicia, non se entende que non poda haber unha nova oferta”

O presidente socialista da Deputación da Coruña destacou a importancia de garantir que as e os estudantes de Medicina “podan seguirse formando na pública” O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, sumouse hoxe ás voces que demandan a implantación da carreira de Medicina na Universidade da Coruña. Formoso xustificou esta necesidade …