Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Category: Igualdade

O PSdeG aplaude o reforzo da Deputación da Coruña ao transporte adaptado de Íntegro cun novo vehículo

O PSdeG salienta o reforzo do transporte adaptado para persoas con diversidade funcional coa entrega da Deputación dun novo vehículo á Asociación Íntegro, que facilitará os desprazamentos diarios das persoas usuarias aos seus centros de atención na Costa da Morte. A deputada provincial socialista de Política Social, Mar García Vidal, participou na visita ás instalacións …

A Deputación da Coruña organiza a III Xornada sobre a Brecha de Xénero no Deporte no marco do 8M

O deputado provincial socialista e responsable da área de Deportes, Antonio Leira, destacou o compromiso da Deputación coa igualdade real no deporte coa celebración, o vindeiro 5 de marzo no INEF de Bastiagueiro, da III Xornada sobre a Brecha de Xénero no Deporte, enmarcada nas actividades do 8M. Leira subliñou que “desde o PSdeG temos …

Ábrese prazo para solicitar as axudas para asociacións veciñais e de mulleres

O grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña puxo en valor a nova convocatoria de axudas destinada a asociacións veciñais e de mulleres, dotada con 225.000 euros, como unha mostra do compromiso do goberno progresista coa dinamización social e económica do rural. A liña está dirixida a entidades sen ánimo de lucro de concellos …

Formoso reivindica a necesidade de continuar impulsando políticas valentes no acto conmemorativo do 28X na Deputación

–O Pazo Provincial acolleu esta mañá o acto institucional que contou coa intervención do presidente, así como unha lectura colectiva por parte de representantes de todos os grupos políticos, e a unha performance do colectivo D’ELAS –O acto forma parte dunha campaña anual destinada aos 93 concellos da provincia que inclúe palestras, representacións teatrais, materiais …

Mónica Rodríguez e Rosa Ana García destacan en Vimianzo o papel clave das mulleres no emprendemento rural

-As deputadas provinciais socialistas participaron na inauguración do I Foro “Alza Voz de Muller” As deputadas provinciais socialistas Rosa Ana García e Mónica Rodríguez inauguraron na Casa da Cultura de Vimianzo o I Foro “Alza Voz de Muller”. A deputada responsable das áreas de Emprego e Industria e a tamén alcaldesa de Vimianzo estiveron acompañadas …