Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Ábrese prazo para solicitar as axudas para asociacións veciñais e de mulleres

  • A presentación de solicitudes está aberta ata o luns 16 de febreiro a través da sede electrónica da Deputación.
  • Poderán beneficiarse entidades localizadas en concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
  • As actuacións subvencionables deberán centrarse na celebración de actividades que fomenten a participación social, especialmente no rural.

O grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña puxo en valor a nova convocatoria de axudas destinada a asociacións veciñais e de mulleres, dotada con 225.000 euros, como unha mostra do compromiso do goberno progresista coa dinamización social e económica do rural.

A liña está dirixida a entidades sen ánimo de lucro de concellos de menos de 50.000 habitantes e financiará actividades que fomenten a participación cidadá, o empoderamento das mulleres, o envellecemento activo e a cohesión social ao longo de 2026. O obxectivo é fortalecer o tecido asociativo como motor de desenvolvemento e loita contra o despoboamento.

A deputada socialista, Cristina Capelán, destacou que “apoiar ás asociacións é reforzar a vida comunitaria e xerar oportunidades nos nosos concellos, especialmente nos máis pequenos”, reafirmando o compromiso da Deputación cun rural vivo, activo e con futuro.

As solicitudes deberán tramitarse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL ata o 16 de febreiro.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes