Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Category: ACTUALIDADE

O PSOE de Ferrol pide que o nome de Isidro Silveira figure xa no Estadio da Malata e na nova cuberta

“É hora de pasar das palabras aos feitos para que o nome de Isidro Silveira figure xa na Malata”, afirma o voceiro socialista Ángel Mato Ferrol, 9 de setembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol reclama ao goberno local que axilice o expediente para o cambio de nome do Estadio da Malata a …

O Grupo Municipal Socialista busca a implantación de medidas para garantizar a seguridade do persoal municipal.

O grupo socialista solicitou formalmente a convocatoria do comité de seguridade e saúde para buscar solucións a problemática denunciada polas traballadoras. Ferrol, 2 de setembro de 2025. Ante a recente denuncia por intento de agresión ás traballadoras do negociado de estadística, dende o Grupo Municipal Socialista consideran necesaria a celebración urxente de un Comité de …

O desleixo do goberno de Rey Varela deixa a Ferrol fóra do programa Dinamiz-ARTj incluido na Rede Cultural do Instituto para a Transción Xusta.

Por segundo ano consecutivo, o concello de Ferrol renuncia a solicitar a inclusión da cidade nesta iniciativa que vén sendo un complemento cultural e lúdico. O Grupo Socialista censura que o goberno local renuncie a esta iniciativa cultural da que se van beneficiar outros dez concellos de Ferrolterra. Ferrol, 30 de agosto de 2025. “É …

O Grupo Socialista responde á nota de prensa do goberno sobre o pleno: propaganda e mentiras fronte a unha realidade de 94 % dos investimentos sen executar e ningunha obra propia en marcha

Ferrol, 29 de agosto de 2025.- O Grupo Municipal Socialista responde á nota de prensa enviada polo goberno de Rey Varela tras o pleno de agosto, na que o executivo do PP presumiu de duplicar a execución orzamentaria e de que os investimentos creceron un 400 %. Para os socialistas, trátase dunha manipulación propagandística que …

Rey Varela condena a Ferrol á parálise: só executa o 5,68 % das inversións a metade de ano mentres sube impostos ás familias

Rafael Fernández: “Ferrol non pode permitirse un goberno que só sabe aprobar orzamentos e non sabe executalos” Ferrol, 21 de agosto de 2025.- O Grupo Municipal Socialista denuncia que o alcalde Rey Varela é o responsable directo de condenar a Ferrol á parálise, logo de que a metade do ano 2025 só se executara un …

O “ARRANXO” DA XUNTA NO MARCIDE É UN LAVADO DECARA, UN INCUMPRIMENTO DO PLAN DIRECTOR E UNMALGASTO DE CARTOS PÚBLICOS

Se a Xunta vai reformar por completo as plantas co Plan Director, gastar agora só en falsos teitos é tirar os cartos de todos os contribuíntes Ferrol, 6 de agosto de 2025.- O PSOE de Ferrol denuncia que a Xunta de Galicia pretende limitar a reforma do Hospital Arquitecto Marcide á simple substitución dos falsos …

O grupo socialista solicita que se restaure o servicio de autobuses do bulevar de As Pías.

Julián Reina: “O problema non era a burocracia senón a desidia do goberno de Rey Varela” Ferrol, 6 de agosto de 2025. O Grupo Socialista fíxose eco da demanda feita pública pola Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar relativa á recuperación do servicio de autobuses polo bulevar das Pias. A este respecto, o concelleiro …

O DESPRENDEMENTO DO TEITO NO MARCIDE, UN NOVO SÍNTOMA DO ABANDONO DA SANIDADE PÚBLICA POR PARTE DA XUNTA

Ferrol, 4 de agosto de 2025. – O PSOE de Ferrol denuncia a gravidade do incidente ocorrido onte no Hospital Arquitecto Marcide, onde o desprendemento dun falso teito na quinta planta causou feridas a unha persoa e obrigou ao traslado de 28 pacientes por risco estrutural. Para os socialistas, non se trata dun feito illado, …

Rey Varela entrega as actividades extraescolares a unha empresa que “demostra nula comprensión”, alerta o informe técnico que a sitúa como a peor da licitación

A adxudicataria recibiu unha valoración de só 2,5 puntos, mentres que as outras firmas que concorrían acadaron 16, 15,5 e 11 O Grupo Socialista censura que o goberno local reduza gastos en educación pública mentres sobe o prezo dos comedores escolares Ferrol, 21 de xullo de 2025. “Demostra unha nula comprensión das actividades extraescolares e …

Novo atraso na renovación da iluminación do estadio da Malata.

O Grupo Socialista denunciou unha nova mostra do descontrol do alcalde de Ferrol nas obras do concello. “O alcalde prefire centrarse nas súas funcións en Madrid antes que en solucionar os problemas da cidade”, afirmou Reina Villalón. Ferrol 17 de xullo de 2025. Na Comisión de Urbanismo, o Grupo Socialista, a través do concelleiro socialista …