Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Category: ACTUALIDADE

O SEPE INSTALARÁ A SÚA SEDE EN FERROL SEN COLABORACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

Ángel Mato: “Cerraron a porta á dinamización do Inferniño, á recuperación de Porta Nova e á reapertura do parking tapiadoˮ Ferrol, 27 de xuño de 2025.- O Grupo Municipal Socialista denuncia que a implantación da nova sede do SEPE en Ferrol se fará sen ningunha colaboración por parte do goberno local, que non fixo xestión …

O grupo socialista reitera a necesidade dunha solución definitiva para o aparcadoiro de Sánchez Aguilera

Ferrol, 2 de xullo de 2025.- O grupo socialista solicitou unha explicación pola “total inacción” no que se refire á busca dunha solución do problema do aparcadoiro de Sánchez Aguilera. Lembraron que á súa chegada ao goberno, o alcalde, José Manuel Rey Varela responsabilizou desta situación ao anterior goberno, acusando ao executivo de mala xestión, …

O Grupo Socialista critica a falta de mantemento da cidade por parte do alcalde

“Non merecemos que as beirarrúas parezan selvas froito do autobombo de Rey Varela”, afirmou Reina Villalón Ferrol, 30 de xuño de 2025,- , O grupo socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, denunciou a proliferación de vexetación nas beirarrúas e estradas da nosa cidade. Na reunión da Comisión de Servizos do pasado mércores, o …

O Grupo Socialista critica o desinterese de Rey Varela polo estado das praias

Julián Reina critica que se estea agora executando un contrato de mantemento que debería estar listo antes do inicio da tempada estival Ferrol, 22 de xuño de 2025.- O concelleiro socialista Julián Reina solicitou información ao goberno municipal sobre a execución do contrato de mantemento das praias e, nestesentido, acusou ao alcalde, José Manuel Rey …

O Grupo Socialista pide que rematen os traballos da estrada do Vilar en Doniños

“Non entendemos como o alcalde pode permitir tal descontrol da obra”, afirmou Julián Reina Ferrol, 20 de xuño de 2025.- O grupo municipal socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, solicitou o pasado mércores á Comisión de Urbanismo información sobre o avance do proxecto da estrada de Vilar en Doniños; un proxecto financiado con …

Ferrol: Rey Varela mente sobre os contratos en licitación e inventa máis de 150 millóns que non aparecen por ningures

Ferrol, 18 de xuño de 2025. O Grupo Municipal Socialista denuncia que o balance de dous anos de goberno presentado onte polo alcalde, José Manuel Rey Varela, está baseado nunha mentira deliberada sobre os datos de licitación. O rexedor afirmou textualmente: “Licitamos obras e regularizamos contratos por importe de 205 millóns de euros na primeira …

O GOBERNO DO PP EN FERROL LEVA 2 ANOS SEN TRAMITAR O CONTRATO DE DESRATIZACIÓN

Para o concelleiro Germán Costoya, esta situación e consecuencia de ter un Alcalde a tempo parcial O edil asegurou que o goberno do PP leva dous anos cos os pregos sobre a mesa para a contratación do servizo de desratización Ferrol, 18 xuño de 2025.- O grupo municipal socialista acusou ao goberno local do PP …

O PP e o BNG votan en contra de que Galicia lidere a industria da defensa cun clúster con sede en Ferrol

Ángel Mato foi o primeiro en propoñer o clúster da defensa para Ferrol, como alcalde e impulsor dunha aposta estratéxica para a cidade Ferrol, 11 de xuño de 2025.- O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Ferrol lamenta profundamente que tanto o Partido Popular como o BNG rexeitasen no Parlamento de Galicia a proposta para …

O Grupo Municipal Socialista rexeita a ubicación do novo skatepark no Parque de Antón Varela

Ángel Mato: “Hai que facer política dende o respecto: á memoria, aos espazos verdes e á veciñanzaˮ Ferrol, 11 de xuño de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol expresa o seu firme rexeitamento á decisión do goberno local de construír un novo skatepark no Parque de Antón Varela, no barrio de Canido. Esta actuación …

Ángel Mato valora que co BAC Navantia terá seis barcos nasgradas “e outro motivo para construír o dique cuberto”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista sinalou que o vindeiro ano entrará en funcionamento a fábrica dixital de bloques e que o próximo paso para completar a modernización do estaleiro debe ser apostar por un investimento que o equiparará ás instalacións máis punteiras do mundoFerrol, 11 de xuño. O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ángel …