Tag: Xunta
O PSdeG denuncia a “utilización caciquil” que a Xunta fai dos recursos destinados ao mantemento dos centros educativos
–Silvia Longueira levará ao Pleno do Parlamento da próxima semana a “situación lamentable” do CEIP Francisco Vales Villamarín e dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas de Betanzos, provocada polo desleixo da Consellería de Educación –A alcaldesa brigantina, María Barral, reclamoulle ao goberno galego que arranxe “as carencias estruturais e de salubridade” que presentan os …
O PSdeG alerta de que a Xunta deixa a Narón sen ambulancias polas noites
O deputado Julio Abalde e o portavoz socialista no Concello, Jorge Ulla, advertiron que a partir das nove da tarde o oitavo municipio de Galicia por número de habitantes queda sen vehículos asistenciais, e esixíronlle a Rueda que poña fin a esa situación Criticaron que concellos con similar poboación contan con ata dúas ambulancias básicas …
Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” uns orzamentos da Xunta que “esquecen a comarca”
Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025. “De novo uns orzamentos que esquecen a comarca de Bergantiños e non apostan por ela”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable de comarca de Bergantiños no Parlamento de Galicia. “Vemos máis débeda e menos financiamento dos servizos de benestar, ausencia …
Bernardo Fernández demándalle a Rueda “que aplique aos concellos o reparto xusto de fondos que lle esixe o Goberno central”
“O sistema de financiamento municipal necesita unha revisión urxente, os alcaldes e alcaldesas somos unha especie de mendigos que rogan recursos para os seus veciños”, advirte o secretario xeral provincial do PSdeG Bernardo Fernández, secretario xeral provincial do PSdeG na Coruña, pídelle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “que aplique aos concellos galegos o reparto …