Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Transportes

O PSdeG reclama un transporte digno entre A Coruña e Ferrol logo de que numerosas persoas quedaran tiradas nas estacións de autobuses

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia condicións dignas para a liña de autobús entre A Coruña e Ferrol. Segundo explica o parlamentario socialista Aitor Bouza, “nos últimos días, por desgraza, volvimos ver como usuarios e usuarias do transporte público por estrada quedaban tiradas nas propias estacións”. “Dende o Partido Socialista non imos quedar calados …

O PSdeG leva ao Pleno municipal de Cariño unha moción para esixir á Xunta un transporte público digno e coordinado no Ortegal

O Grupo Municipal Socialista de Cariño defenderá no Pleno municipal previsto para finais deste mes de xaneiro unha moción para reclamar á Xunta de Galicia unha mellora inmediata e unha planificación seria do transporte público interurbano na comarca do Ortegal. A iniciativa nace dunha constatación clara: a mobilidade non pode depender de ter coche propio …

O PSdeG denuncia que a Xunta “esquece a Cariño” nos seus Orzamentos para 2026

O PSdeG-PSOE denuncia que o goberno da Xunta de Galicia “esquece a Cariño” nos seus orzamentos para o vindeiro ano 2026, nos que “non se contempla ningún investimento ou a posta en marcha de novos servizos no municipio”. O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, lembra que o Grupo Parlamentario Socialista realizou no Parlamento galego …

O PSdeG denuncia que “non hai a máis mínima regularidade” nas liñas de autobús de Betanzos á Coruña e a Ferrol

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “non hai a máis mínima regularidade nos horarios nas liñas que aparentemente están en vigor” entre Betanzos e as ciudades da Coruña e Ferrol.  Silvia Longueira, parlamentaria socialista, incide en que “o habitual é chegar a unha parada e esperar máis de media hora, ou non poder …

O PSdeG levará ao Parlamento galego as deficiencias do transporte público por estrada en Bergantiños

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as deficiencias do transporte público por estrada na comarca de Bergantiños. Anunciouno a parlamentaria socialista Patricia Iglesias Rey nunha rolda de prensa na Estación de Autobuses de Carballo. A deputada orixinaria de Carballo denuncia o que considera “un problema estrutural que ten a Xunta de Galicia co transporte …

O PSdeG reclama na Estación de Autobuses de Ferrol unha “rehabilitación integral” tras anos de incumprimentos da Xunta

O deputado socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, acompañado por representantes socialistas da comarca, reclamou hoxe na estación de autobuses de Ferrol unha “rehabilitación integral” da infraestrutura, nun encontro cos medios no que criticou a falta de actuacións reais por parte da Xunta e a inacción do Goberno municipal. Bouza subliñou que as incidencias …

O PSdeG denuncia que a comarca de Bergantiños ten un 21% menos nos Orzamentos da Xunta para 2026 que en 2022

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña lamenta o “abandono” da comarca de Bergantiños nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2026. O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou isto nunha rolda de prensa en Carballo que contou coa participación tamén da parlamentaria socialista Patricia Iglesias e das voceiras e voceiros socialistas dos …

Besteiro, sobre o traspaso da AP-9: “Que Rueda diga publicamente que, se asume a titularidade da autoestrada, temos garantida a gratuidade”

“Que Rueda diga publicamente que, se asume a titularidade da AP-9, temos garantida a gratuidade”. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro reclamou así hoxe o compromiso do presidente da Xunta para que os usuarios e usuarias da Autoestrada do Atlántico gocen dunha vía libre de peaxes cando esta se transfira á comunidade …

O PSdeG denuncia a masificación e falla de seguridade nas liñas de autobús Coruña-Betanzos e Betanzos-Miño

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña manifesta a súa “profunda preocupación ante a deterioración do servizo de transporte metropolitano en varias liñas clave da área coruñesa, especialmente Coruña-Betanzos e Miño-Betanzos, onde nos últimos días se rexistraron situacións de masificación extrema”.  Así o sinalou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, que afirmou que, segundo denuncian …

O PSdeG levará ao Parlamento galego a situación do transporte escolar no caso do alumnado do IES Terra de Xallas de Santa Comba

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a situación “absolutamente insostible” do transporte escolar en Santa Comba, particularmente no caso do alumnado do IES Terra de Xallas. O alcalde socialista da localidade, Alberto Romar, participou xunto á agrupación socialista local na concentración celebrada hoxe no municipio para reclamarlle á Xunta de Galicia unha solución a …

O PSdeG esíxelle á Xunta solucións á falta de prazas e frecuencias do transporte metropolitano en Ferrolterra

O PSdeG-PSOE esísexelle á Xunta de Galicia solucións ás problemáticas do transporte metropolitano en Ferrolterra, que inclúen a ausencia de frecuencias suficientes e que a xente non poida subir aos buses por falla de prazas. Por unha banda, o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou que “son moitos os problemas que detectamos xa dende …

O PSOE de Cambre esixe unha nova liña de autobús para o IES Alfonso X O Sabio e profesorado de apoio no CEIP de Sigrás

O PSdeG-PSOE de Cambre esixe unha nova liña de autobús para o alumnado do IES Alfonso X o Sabio e a dotación do profesorado de apoio necesario no CEIP de Sigrás e no resto dos centros educativos do municipio. O Grupo Municipal Socialista levará dúas mocións ao pleno municipal para tratar estas cuestións, co obxectivo …