Tag: Socialistas
O PSOE-PSdeG denuncia que Rueda mantén o Ortegal en “abandono” tras dous anos de goberno
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña mantivo unha reunión de traballo con alcaldes, voceiros e secretarios xerais do Ortegal para facer balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda, concluíndo que a comarca se atopa nunha situación de “abandono” por parte da Xunta. Entre as principais conclusións desta análise, os socialistas esixen á Xunta de …
Fernando Rey Leira, novo secretario xeral do PSdeG de Curtis
O PSdeG-PSOE de Curtis vén de elixir a Fernando Rey Leira, veciño da vila de Teixeiro, como novo secretario xeral da Agrupación Socialista Local. Rey Leira, nado na Coruña en 1995, conta cunha longa traxectoria profesional como óptico, optometrista e audioprotesista. Moi activo no ámbito de voluntariado, foi voluntario na Once da Coruña, en Protección …
O PSdeG reivindica en Betanzos a mellora de servizos públicos na comarca tras dous anos de goberno de Rueda
O PSdeG realizou dende Betanzos o seu balance do que os dous anos de goberno de Alfonso Rueda supuxeron para as mariñas betanceiras, cunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, a deputada autonómica Silvia Longueira e a alcaldesa socialista María Barral. Fernández Piñeiro comezou aseverando que “o servizo …
O PSdeG denuncia que “Ferrol perde co señor Rueda como presidente da Xunta” tras 2 anos de mandato
O PSdeG-PSOE realizou a súa valoración do que os 2 anos de mandato de Alfonso Rueda supuxeron para a cidade e a bisbarra de Ferrol. Foi nunha rolda de prensa na Casa do Pobo de Ferrol na que participaron o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, o parlamentario socialista Aitor Bouza e o concelleiro e …
O PSdeG cualifica de “decepcionante” o balance dos 2 anos de goberno de Rueda para a cidade da Coruña
O PSdeG-PSOE realizou o seu balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda na Xunta de Galicia, un balance que o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro calificou de “decepcionante”. O socialista afirmou, nunha rolda de prensa conxunta coa parlamentaria socialista Silvia Longueira e o portavoz municipal José Manuel Lage, que “a Xunta de …
O PSOE constitúe a Comisión Xestora da Agrupación Socialista de Ribeira
O proceso para a conformación dunha Comisión Xestora na Agrupación Socialista de Ribeira vén de concluír co nomeamento de Jesús Díaz Fornas como presidente. Licenciado en Dereito e avogado de profesión ata a súa xubilación, Díaz Fornas ten unha longa traxectoria política. Foi alcalde de Noia durante os dous primeiros mandatos da democracia, deputado provincial …
O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio
O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro. Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da …
O PSOE provincial da Coruña reunirá este xoves ao Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o “afogo económico dos concellos”
O secretario provincial do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, Bernardo Fernández, vén de convocar para o xoves 29 de xaneiro o Consello Provincial de Alcaldes e Alcaldesas, órgano que reúne aos rexedores e rexedoras socialistas da provincia, co obxectivo de analizar o impacto económico que está a ter nos concellos o actual modelo de financiamento …
O PSdeG provincial esixe ao concello de Outes “o cumprimento inmediato da legalidade” e advirte de que acudirá á Xustiza se persiste a irregularidade
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe ao Concello de Outes o “cumprimento inmediato da legalidade” e advirte de que acudirá á Xustiza se persiste a irregularidade. A Agrupación Provincial Socialista presentou ante o Concello un completo escrito de alegacións no marco do Expediente 192/2025, no que se solicita a aplicación inmediata das consecuencias legais derivadas …
O PSdeG de Cariño organiza unha xuntanza informativa sobre as axudas da Deputación para asociacións e outras entidades
O PSdeG-PSOE de Cariño organiza mañá, martes 2 de decembro, unha xuntanza informativa sobre as liñas xerais e as novidades das axudas da Deputación da Coruña para o ano 2026. Terá lugar ás 20:30 no local social da Casa do Concello, situado na avenida da Paz e conta coa colaboración do Grupo Provincial Socialista. Participará …
O PSdeG de Zas organiza unha xornada formativa sobre as novas oportunidades de financiamento da Deputación da Coruña
A Agrupación Local do PSdeG de Zas celebrará este venres 21 de novembro unha xornada informativa na Casa do Pobo de Zas para dar a coñecer as novas liñas de financiamento e subvencións da Deputación da Coruña. A actividade terá lugar ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, na Casa do Pobo, situada na Rúa Agra …
O PSdeG Provincial da Coruña anuncia que recurrirá á Xustiza se non se produce a expulsión inmediata de Caamaño do goberno municipal de Outes
O PSdeG-PSOE da Coruña esixe ao alcalde e ao goberno municipal de Outes a expulsión inmediata do concelleiro Antonio Caamaño das súas funcións executivas, logo de facerse firme a súa expulsión do Partido Socialista. Os socialistas subliñan que a lei debe cumprirse sen excepción e lembran que existe un informe da Secretaría Municipal no que …
Presentación do libro “María Vázquez: a mestra socialista eliminada polo franquismo” de Aurora Marco
Terá lugar este xoves día 6 de novembro na Fundación Luís Seoane Esta semana terá lugar na Fundación Luís Seoane a presentación do novo libro de Aurora Marco “María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo”. María Vázquez Suárez dálle nome aos premios de Igualdade do PSdeG-PSOE, que recoñecen a persoas e entidades que traballan …
Debate – A Vivenda: dereito ou negocio
O encontro estará moderado por Rafael Arangüena, e supón unha nova ocación para reforzar os vínculos da nosa militancia e para compartir tempo, ideas e reflexións. Este xoves, día 30 de outubro, ás 19:30 horas na Casa do Pobo da Coruña.
O PSdeG de Zas impulsa o Premio Isabel Suárez Amado para “seguir co seu legado”
O PSdeG-PSOE de Zas pon en marcha o Premio Isabel Suárez Amado, co obxectivo de “seguir co seu legado e mantela sempre no recordo, a modo de homenaxe permanente”. Así o deu a coñecer a secretaria xeral da agrupación socialista local Sheila Rial durante o acto de homenaxe a Suárez Amado celebrado na Casa do …