Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Silvia Longueira

O PSdeG denuncia que o PP “incumpriu todos os compromisos” da fusión de Oza e Cesuras trece anos despois

A deputada socialista Silvia Longueira denunciou hoxe no Parlamento que o Partido Popular “incumpriu todos e cada un dos puntos” recollidos no documento base da fusión dos concellos de Oza e Cesuras, promovida no ano 2013 polo Goberno de Feijóo. Longueira lembrou que aquel acordo prometía un “futuro venturoso” para o novo municipio, coa chegada …

O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)

PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …

O PSdeG esixe á Xunta corrixir as deficiencias nas liñas de transporte público de Betanzos

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia as deficiencias nas liñas de autobús de Betanzos, reclamando que se investiguen as causas das incidencias rexistradas e que se repoñan as frecuencias eliminadas. “As veciñas e veciños de Betanzos seguen a padecer as deficiencias, un día tras outro, do transporte público”, afirma a parlamentaria socialista Silvia Longueira. …

O PSdeG reúnese co comité de empresa de Losán para coñecer a situación dos traballadores

O PSdeG-PSOE mantivo unha xuntanza na Coruña co comité de empresa de Losán para coñecer de primeira man a situación laboral que están a atravesar os traballadores e traballadoras da compañía. No encontro participaron a deputada no Parlamento galego Silvia Longueira, secretario de organización provincial Diego Fernández e a deputada no Congreso pola provincia Obdulia …

O PSdeG denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclama un novo

O Grupo Socialista no Parlamento galego denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclámalle á Xunta de Galicia a construción dun novo, tal e como foi prometido polo alcalde da localidade. A parlamentaria socialista Silvia Longueira enumera problemas tales como “humidades, mantemento que nunca se efectuou nas dependencias” e que se …

O PSdeG denuncia graves deficiencias no CHUAC e esixe á Xunta garantías de seguridade e intimidade para os pacientes

PSdeG. A deputada socialista Silvia Longueira advertiu hoxe de que a situación do CHUAC “chegou ao límite” e responsabilizou á Xunta da “desorganización e falta absoluta de planificación” tanto nas obras como no funcionamento diario do hospital. Longueira denunciou que en unidades como a planta cuarta se está hospitalizando a doentes en corredores abertos, sen …

O PSdeG denuncia que “non hai a máis mínima regularidade” nas liñas de autobús de Betanzos á Coruña e a Ferrol

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “non hai a máis mínima regularidade nos horarios nas liñas que aparentemente están en vigor” entre Betanzos e as ciudades da Coruña e Ferrol.  Silvia Longueira, parlamentaria socialista, incide en que “o habitual é chegar a unha parada e esperar máis de media hora, ou non poder …

O Grupo Socialista urxe á Xunta a tomar medidas para que os veciños e veciñas de Dormeá -Boimorto- poidan cruzar a estrada “sen risco de ser atropelados”

A parlamentaria socialista Silvia Longueira presentou hoxe unha proposición non de Lei na Comisión de Infraestruturas para reclamarlle á Xunta que poña medidas de seguridade na AC-840 ao seu paso pola parroquia de Dormeá, en Boimorto. A responsable socialista criticou a contradición do PP, que votou en contra desta iniciativa ao tempo que anunciaba melloras …

Besteiro denuncia o abandono dos Centros Públicos de Ensino por parte de Rueda: “pingueiras, amianto e estruturas a piques de colapsar”

PSdeG. “Que tratan de agochar a Consellería de Educación e a Xunta do Partido Popular para que non poidamos visitar un centro público?”. O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe que o Goberno de Rueda non autorizase a súa entrada no IES …

A deputada socialista Silvia Longueira presentará enmendas aos Orzamentos da Xunta

Lage: “A Xunta reduce en 2026 á metade os orzamentos nos colexios públicos da cidade, pasando de 8 millóns a 4. Teñen moitísimas carencias e a Xunta o único que fai é afondar nese deterioro” A deputada socialista pola Coruña no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, presentou hoxe en Zalaeta a proposta de emendas que …

O Grupo Socialista acusa a Educación de poñer ao CEIP Ramón María del Valle Inclán de Oleiros “na costa abaixo”

A parlamentaria socialista Silvia Longueira advertiu hoxe que a Consellería de Educación ten posto a calidade educativa no CEIP Ramón María del Valle Inclán “na costa abaixo”. Longueira presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que advertiu que os dous profesores que enviaron a cargo do Plan Mega foron destinados a titorías, prexudicando …

O PSdeG reclama a residencia de maiores en Oza-Cesuras “prometida hai máis de 12 anos polo Goberno da Xunta”

O PSdeG-PSOE reclama que se constrúa a residencia de maiores no Concello de Oza-Cesuras que foi “prometida hai máis de 12 anos polo goberno da Xunta de Galicia do PP”. Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, máis de 12 anos despois de que se dera a fusión dos concellos de …

Silvia Longueira acude á concentración da ANPA do IES de Curtis contra os recortes na atención á diversidade

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira acudiu á concentración convocada pola ANPA do IES de Curtis baixo o lema “Por un ensino público sen recortes na atención á diversidade”. A protesta tivo lugar fronte ao propio IES de Curtis, e nela, a parlamentaria socialista estivo acompañada pola agrupación socialista local e outros compañeiros …

Silvia Longueira denuncia en Ponte Carreira o abandono sanitario do goberno de Rueda

A deputada socialista no Parlamento de Galicia Silvia Longueira participou esta mañá na concentración veciñal diante do Centro de Saúde de Ponte Carreira (Frades) para denunciar o abandono continuado da atención primaria por parte da Xunta de Galicia e esixir unha solución inmediata á falta de médico no centro. A parlamentaria acompañou aos veciños e …

Besteiro ve nos “investimentos minguantes” do CHUAC o exemplo duns orzamentos galegos “absolutamente insuficientes” en toda a provincia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe os “investimentos minguantes” para as obras do novo Hospital Universitario da Coruña como exemplo do que representa para toda a provincia o proxecto de Orzamentos da Xunta. O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia advertiu que os traballos no complexo hospitalario …