Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Servizos públicos

O PSOE da Laracha acusa ao goberno local de “non saber onde investir os cartos públicos”

O Grupo Socialista da Laracha realizou unha valoración crítica do pleno municipal celebrado o mércores, no que se aprobaron os orzamentos de 2026 e varias modificacións fiscais. A súa voceira, Inés Ramos, cuestionou o modelo de xestión económica do goberno municipal e a falta de planificación nas principais decisións adoptadas. Por unha banda, dende o …

O PSdeG denuncia dous anos de “abandono” da Xunta coa Costa da Morte e reclama solucións urxentes en transporte, infraestruturas e servizos públicos

O secretario xeral provincial do PSdeG da Coruña, Bernardo Fernández, e a deputada no Parlamento de Galicia Patricia Iglesias denunciaron hoxe en Vimianzo o “abandono” da Xunta de Galicia coa Costa da Morte tras dous anos de goberno de Alfonso Rueda. Nunha rolda de prensa acompañados por representantes socialistas da comarca, advertiron que “os principais …

O PSdeG cualifica de “decepcionante” o balance dos 2 anos de goberno de Rueda para a cidade da Coruña

O PSdeG-PSOE realizou o seu balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda na Xunta de Galicia, un balance que o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro calificou de “decepcionante”. O socialista afirmou, nunha rolda de prensa conxunta coa parlamentaria socialista Silvia Longueira e o portavoz municipal José Manuel Lage, que “a Xunta de …

O PSOE de Teo denuncia que o Concello volve perder subvencións da Deputación para xerar emprego

O PSdeG-PSOE de Teo denuncia que o Concello volveu perder, por segundo ano consecutivo, a subvención do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña para crear emprego no municipio. Esta axuda destínase á contratación de persoas con especiales dificultades para atopar emprego, como maiores de 45 anos, persoas en paro de longa duración, …

José Manuel Pérez Abelenda, voceiro do PSOE de Coristanco: “Os orzamentos non responden ás necesidades reais do municipio”

O PSdeG-PSOE de Coristanco realizou unha valoración negativa dos orzamentos municipais aprobados onte no pleno, considerando que  “non responden ás necesidades reais do municipio nin establecen unha planificación sólida para o futuro”. Así foi como o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, en relación á abstención do Grupo Municipal Socialista na votación …

O PSdeG esixe ao Goberno galego que execute as melloras nos centros educativos ferroláns e o pavillón do IES Ferrol Vello: “Unha promesa máis incumprida”

Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, esíxelle á Xunta que execute as melloras e ampliacións que prometeu e en 7 centros de FP e institutos de Ferrol, así como no o pavillón deportivo do IES Ferrol Vello, por valor de 7 millóns de euros. Fíxoo no marco dun debate parlamentario respecto desta cuestión. O …

O PSdeG denuncia que o PP “incumpriu todos os compromisos” da fusión de Oza e Cesuras trece anos despois

A deputada socialista Silvia Longueira denunciou hoxe no Parlamento que o Partido Popular “incumpriu todos e cada un dos puntos” recollidos no documento base da fusión dos concellos de Oza e Cesuras, promovida no ano 2013 polo Goberno de Feijóo. Longueira lembrou que aquel acordo prometía un “futuro venturoso” para o novo municipio, coa chegada …