Tag: PSdeG
O PSdeG da Laracha denuncia os problemas de seguridade derivados da ausencia de Policía Local no concello
-A voceira socialista local Inés Ramos López lamenta que “xa que a semana pasada entraron a roubar no Concello, e ao día seguinte no IES Agra de Leborís” O PSdeG-PSOE da Laracha segue a denunciar a situación da Policía Local no municipio, que conta agora mesmo con 0 axentes en activo mentres a negociación entre …
Silvia Longueira, sobre a renuncia da Xunta a 22 millóns de euros para as escolas infantís: “O PP non quere cartos para crear prazas públicas porque só lle interesa o sector privado”
–A deputada socialista denunciou ante a escola As Mariñas, na Coruña, que mentres deceas de familias quedaron sen praza para os seus fillos e fillas nese centro de titularidade autonómica, o Goberno de Rueda devolvía fondos europeos do Plan de Recuperación porque só os podía empregar para incrementar a oferta nas escolas públicas -“Cando o …
O PSOE de Oleiros rexistrou alegacións ao Regulamento de Subministración Domiciliaria de Auga do concello de Oleiros
–O Grupo Socialista presentou alegacións á Modificación do regulamento de subministración domiciliaria de auga do Concello de Oleiros esixindo que non se modifiquen os cadros de sancións a aplicar aos veciños en caso de que teñan unha fuga fortuita de auga nas instalacións particulares das súas casas mentres a rede Municipal non cumpra ca normativa …
O PSOE de Coristanco denuncia a negativa do alcalde a debater propostas da oposición no pleno municipal
O voceiro socialista local de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, criticou a actitude do alcalde do municipio, sinalando que este rexeita sistematicamente permitir o debate e a votación das propostas presentadas polo grupo socialista nos plenos municipais. Segundo Abelenda, esta situación vén producíndose durante toda a lexislatura.”Desde o PSOE presentamos mocións que van encamiñadas a …
O PSOE de Sada reclama que o concello “proporcione a documentación dos proxectos en tempo e forma para poder valorar o que se está a apoiar”
-O secretario xeral local Manuel Ángel Gende Penas amosa o seu apoio “á ampliación do CEIP Sada e Contornos, pero antes de votar hai que saber que se vota” O PSdeG-PSOE de Sada amosou no pleno extraordinario celebrado hoxe o seu apoio á ampliación do CEIP Sada e Contornos, votando a favor do expediente de …
O PSOE de Mugardos propón “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”
O PSdeG-PSOE de Mugardos propón ao BNG e a Esquerda Unida conformar “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”. O Partido Popular goberna Mugardos en minoría con 6 concelleiros, mentres que o BNG conta con 3 edís, o PSOE tamén con 3, e EU con 2. “Para saír desta situación, as …
O PSOE denuncia que o concello de Abegondo acumula 25 obras do Plan Único sen executar dende o ano 2020
-Jairo Bello denuncia “catro anos de parálise” e advirte que o 30 de novembro os veciños de Abegondo perderán os proxectos do 2020 non realizados “ao esgotarse as prórrogas legais” -As 25 obras sen executar, que suman un investimento superior aos 1,5 millóns de euros, están incluídas nos POS de 2020, 2021, 2022, 2023 e …
O PSdeG provincial reclama que a Xunta poña en marcha unha unidade de rehabilitación cardíaca en Ferrol
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclama que a Xunta poña en marcha unha Unidade de Rehabilitación Cardíaca na Área Sanitaria de Ferrol, a única en Galicia que non conta cunha unidade destas características. A coordinadora comarcal do PSdeG en Ferrolterra, Natividad González Laso, lanzou esta reclamación dende o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol xunto ao …
O PSdeG de Coristanco reivindica que as patacas colleitadas na finca de propiedade municipal sexan destinadas aos comedores escolares e persoas en risco de exclusión
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para reclamar que as patacas cultivadas en terreos de propiedade municipal sexan destinadas a fins sociais. Segundo explica a moción, o 30 de decembro de 2022 o Concello acordou a adquisición unha finca cunha superficie de 5.212 m2 situada no lugar de …
O PSOE da Laracha denuncia a masificación no IES Agra de Leborís e exixe medidas urxentes
-O Grupo Municipal Socialista rexistrou unha proposta de moción reclamando melloras en infraestruturas e persoal, co obxectivo de garantir a calidade educativa O Grupo Municipal Socialista da Laracha denuncia a situación de masificación e falta de recursos no IES Agra de Leborís, onde se concentran 547 estudantes con tan só 42 profesores, un aumento, segundo …