Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG

O PSdeG denuncia en Carballo a falta de profesionais nos centros de saúde de toda a comarca

-A deputada no Parlamento galego Patricia Iglesias fixo un chamado a participar na manifestación pola Sanidade Pública deste domingo en Santiago O PSdeG-PSOE denunciou, dende o Centro de Saúde de Carballo, a falta de profesionais nos centros de saúde e outras deficiencias na sanidade pública de toda a comarca. A deputada socialista no Parlamento galego …

O PSdeG provincial ponse como obxectivo as municipais: “O músculo do Partido Socialista está no municipalismo”

-Bernardo Fernández Piñeiro, reelixido como secretario xeral provincial, destacou que a Deputación repartirá máis recursos entre os concellos da provincia “que os que reparte a Xunta entre todos os concellos de Galicia” Bernardo Fernández Piñeiro realizou unha valoración positiva da súa reelección como secretario xeral do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña, ao non terse presentado ningunha …

A Deputación atenderá a petición do PSOE de Lousame para ampliar e mellorar a seguridade da estrada DP-4201

– As obras suporán unha importante mellora da seguridade nos núcleos de Boca do Souto, A Chave e Aldea Grande -O portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, visitou hoxe a zona acompañado do portavoz local do PSOE, Juan José Pego, e confirmou que as obras se acometerán por fases. A Deputación da Coruña atenderá a …

Bernardo Fernández Piñeiro, proclamado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE provincial da Coruña para un novo mandato

-A nova Comisión Executiva Provincial será elixida no Congreso Provincial previsto para o vindeiro 11 de maio. Bernardo Fernández Piñeiro foi proclamado hoxe secretario xeral do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña, unha vez concluído o prazo de presentación de pre-candidaturas sen que se rexistrase ningunha proposta alternativa. A Comisión Provincial de Ética validou a súa precandidatura …

O PSdeG esixe unha solución inmediata para a falta de pediatra no Centro de Saúde de Cacheiras, en Teo

-Fixéronno nunha rolda de prensa en Santiago coa participación da deputada Patricia Iglesias e a voceira socialista no municipio Mayte Argibay O PSdeG-PSOE denuncia a “situación de precariedade” que sofre o centro de saúde de Cacheiras debido á ausencia prolongada dun pediatra, o que deixa a moitas familias “sen a atención sanitaria necesaria para os …

O PSdeG alerta de que a Xunta deixa a Narón sen ambulancias polas noites

O deputado Julio Abalde e o portavoz socialista no Concello, Jorge Ulla, advertiron que a partir das nove da tarde o oitavo municipio de Galicia por número de habitantes queda sen vehículos asistenciais, e esixíronlle a Rueda que poña fin a esa situación Criticaron que concellos con similar poboación contan con ata dúas ambulancias básicas …

O PSOE de Malpica denuncia “o despilfarro e a falta de control” do Concello trala aprobación dun novo suplemento de crédito

-“O propio señor Parga confirmou que remataron cos aforros que había, deixámoslles 3 millóns de euros de remanente e agora están levando o municipio á ruína”, critica o PSOE -O Grupo Municipal Socialista votou en contra de dito suplemento no pleno, criticando a abstención por parte do BNG, “que sigue autorizando a xestión do Partido …

O PSOE de Oroso lamenta que “o alcalde presuma de obras que deixou preparadas o anterior Goberno local tras dous anos de abandono”

-“Despois de dous anos gobernando só executaron dúas das 10 actuacións que lles deixamos totalmente encamiñadas”, indican dende a formación -“A pesar disto, acusan de abandono ao executivo anterior, están tratando de enganar á cidadanía, tomando á xente por tonta”, engaden O PSdeG-PSOE de Oroso lamenta que “o alcalde presuma de obras que deixou preparadas …

O PSOE esixe á Xunta que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal no CPI O Cruce de Cerceda

-O secretario provincial Bernardo Fernández e a deputada Silvia Longueira participaron na concentración convocada polas familias e avanzaron que levarán a cuestión ao Parlamento galego O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe á Xunta de Galicia que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal Martiño no CPI O Cruce de Cerceda. Así o …

O Pleno de Teo aproba a moción do PSOE para reclamar un pediatra no consultorio de Cacheiras

-A voceira socialista local Mayte Argibay celebrou “o apoio a unha reivindicación tan fundamental da veciñanza” O Pleno Municipal do Concello de Teo aprobou, na súa última sesión, a moción presentada polo PSdeG-PSOE que reclamaba un pediatra no consultorio de Cacheiras. A petición, dirixida á Consellería de Sanidade da Xunta, instaba a “evitar a precariedade …