Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG

O PSdeG reclama máis medios para o servizo de comedor escolar en Bergantiños e a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reuníuse en Carballo con cociñeiras e cociñeiros do servizo de comedor escolar de Bergantiños e da Costa da Morte, amosando apoio ás súas reivindicacións. Participaron na xuntanza os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, así como Lois Carballido, secretario de educación da executiva provincial, e José Manuel Pérez Abelenda, …

O PSdeG defende a educación pública e acompaña á comunidade educativa de Rianxo na súa loita

Os socialistas da provincia participaron esta mañá na concentración convocada pola Coordinadora de ANPAS en Rianxo, unha mobilización que reuniu a familias, alumnado e profesorado en defensa da educación pública e en contra dos recortes que a Xunta de Galicia está a aplicar nos centros educativos da comarca do Barbanza. A marcha partiu do peirao …

O PSdeG denuncia os recortes na educación pública en Ribeira e participa na mobilización do CEIP O Grupo

Os deputados socialistas Aitor Bouza e Patricia Iglesias, e o voceiro do PSdeG en Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, participaron este venres na mobilización convocada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP O Grupo de Ribeira. A protesta desenvolveuse diante do centro para denunciar os recortes aplicados polo Goberno autonómico e reclamar unha …

O PSOE de Coristanco denuncia a “censura e o veto” do alcalde a propostas sobre seguridade, educación e servizos sociais

O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia “o veto imposto polo alcalde de Coristanco, que impidiu que se debatiran no pleno municipal as tres mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista”. Así o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que criticou que “con esta decisión, o Goberno local pecha a porta ao diálogo democrático e …

O PSdeG esíxelle á Xunta solucións á falta de prazas e frecuencias do transporte metropolitano en Ferrolterra

O PSdeG-PSOE esísexelle á Xunta de Galicia solucións ás problemáticas do transporte metropolitano en Ferrolterra, que inclúen a ausencia de frecuencias suficientes e que a xente non poida subir aos buses por falla de prazas. Por unha banda, o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou que “son moitos os problemas que detectamos xa dende …

O Grupo Parlamentario Socialista sinala que a Xunta “ten un merecumbé montado” co proxecto de vivendas de alugueiro social de Xuxán

A parlamentaria socialista Silvia Longueira apuntou hoxe que a Xunta “ten un merecumbé montado coa xestora de Galivivienda, Gesvieco e o arquitecto” das vivendas de alugueiro social de Xuxán. Longueira presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Vivenda que “faga o seu traballo” para protexer aos cooperativistas …

O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia máis profesorado de Atención Especial nos centros de Bergantiños

O PSdeG-PSOE anuncia que levará ao Parlamento galego as demandas das ANPAs da comarca de Bergantiños, que reclaman entre outras cousas máis profesorado de atención especial. Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, membros do Parlamento galego, participaron nunha xuntanza en Coristanco coas ANPAs da zona para coñecer mellor a situación. Tamén estiveron nela o voceiro …

O PSOE de Cambre esixe unha nova liña de autobús para o IES Alfonso X O Sabio e profesorado de apoio no CEIP de Sigrás

O PSdeG-PSOE de Cambre esixe unha nova liña de autobús para o alumnado do IES Alfonso X o Sabio e a dotación do profesorado de apoio necesario no CEIP de Sigrás e no resto dos centros educativos do municipio. O Grupo Municipal Socialista levará dúas mocións ao pleno municipal para tratar estas cuestións, co obxectivo …

O PSOE da Laracha reclama novas beirarrúas nos accesos ao campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción para reclamar a dotación de novas beirarrúas nas contornas do campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura. “Cada día son moitos os nenos e nenas que se desprazan a estes espazos, pois son clave para a vida educativa, …

O PSOE de Coristanco denuncia o deterioro do Servizo de Axuda no Fogar e presenta unha moción para reclamar solucións inmediatas

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco vén de rexistrar unha moción para o pleno de setembro na que solicita o apoio da Corporación e a adopción de medidas urxentes fronte ao que cualifica como un “grave deterioro” do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O voceiro socialista, José Manuel Pérez Abelenda, sinala que as familias …