Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG

O PSdeG esixe á Xunta ampliación e mellora do IES de Cacheiras en Teo

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia a ampliación e mellora urxente do IES de Cacheiras, o único instituto público do concello de Teo, que acolle a case 700 alumnos e alumnas e que leva anos denunciando deficiencias. A deputada socialista Patricia Iglesias, xunto co deputado Aitor Bouza, visitaron o centro educativo para coñecer de …

O PSOE de Bergondo celebra que Patrimonio permita a eliminación do punto negro de Villa Julia “tras máis de 20 anos de espera”

O PSdeG-PSOE de Bergondo celebra a recente autorización por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para executar o proxecto de ensanche da estrada DP-0810 en San Paio, na parroquia de Guísamo. Esta infraestrutura permitirá eliminar o punto negro de Villa Julia. A alcaldesa socialista e vicesecretaria xeral do PSdeG Provincial, Alejandra …

O Grupo Socialista esíxelle a Educación que retire as gradas do IES Manuel Murguía de Arteixo

A parlamentaria socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Consellería de Educación que retire as gradas do IES Manuel Murguía de Arteixo pola súa “lamentable situación de deterioro”, que as convirte nun perigo para os alumnos e o público en xeral. Longueira presentou unha pregunta na Comisión de Educación que se celebrou hoxe no Parlamento para …

O PSdeG demanda máis profesorado de Educación Especial no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas coas que pedirán máis profesorado de apoio para o alumnado con necesidades especiais no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. Silvia Longueira, deputada no Parlamento de Galicia, e Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, reuníronse en Carral coa ANPA do colexio para coñecer a situación e …

O PSdeG reclamará no Parlamento Galego medidas de seguridade na estrada AC-840 en Boimorto

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia a instalación de medidas de seguridade para cruzar a estrada autonómica AC-840 ao seu paso pola parroquia boimortesa de Dormeá. A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira reuniuse coa veciñanza de Dormeá, que leva dende 2021 pedíndolle á Xunta estas medidas, para coñecer de primeira man a …

O PSOE de Ribeira sinala que a moción de censura “é unha manobra de reparto de poder entre bastidores”

O PSdeG-PSOE de Ribeira expresa “o seu firme rexeitamento á moción de censura anunciada polo Partido Popular e o PBBI, unha manobra de reparto de poder entre bastidores que non responde ao interese xeral da cidadanía, senón a cálculos partidistas”. “Desde o PSOE consideramos que Ribeira merece un novo goberno, pero non un que nazca …

O PSOE da Laracha alerta da “inseguridade na vila” e pide “un cambio de rumbo” na xestión do persoal da Policía

O Grupo Municipal Socialista da Laracha denuncia “a grave situación de inseguridade na vila” logo do roubo rexistrado nun supermercado na noite do domingo ao luns. Este suceso súmase a outros delitos e actos vandálicos cometidos no último ano, que, como sinala a voceira socialista local Inés Ramos López, amosan “unha clara falta de medios …

A Secretaría provincial de Maiores e Pensións organiza un acto para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores

ESTE ACTO APRÁZASE A UNHA NOVA DATA AÍNDA POR CONFIRMAR. INFORMARASE O ANTES POSIBLE DA NOVA CONVOCATORIA. Para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, a secretaria provincial de Maiores e Pensións, María José Cebreiro, organiza un acto este xoves que contará con diferentes expertos. O acto, que é aberto a todas as persoas interesadas, …

O PSdeG reclama máis medios para o servizo de comedor escolar en Bergantiños e a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reuníuse en Carballo con cociñeiras e cociñeiros do servizo de comedor escolar de Bergantiños e da Costa da Morte, amosando apoio ás súas reivindicacións. Participaron na xuntanza os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, así como Lois Carballido, secretario de educación da executiva provincial, e José Manuel Pérez Abelenda, …

O PSdeG defende a educación pública e acompaña á comunidade educativa de Rianxo na súa loita

Os socialistas da provincia participaron esta mañá na concentración convocada pola Coordinadora de ANPAS en Rianxo, unha mobilización que reuniu a familias, alumnado e profesorado en defensa da educación pública e en contra dos recortes que a Xunta de Galicia está a aplicar nos centros educativos da comarca do Barbanza. A marcha partiu do peirao …