Tag: PSdeG-PSOE
O PSOE denuncia o despido temporal de traballadoras do SAF en Coristanco e reclama novas altas á Xunta
O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda lembra que “Coristanco ten lista de agarda para recibir este servizo, está sendo reclamado pola veciñanza” O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia o despido temporal de varias traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar local debido á baixa de varios usuarios e a que non se estean a …
O Grupo Parlamentario Socialista denuncia “falla de vontade política” da Xunta para instalar unha pasarela provisoria no barrio da Milagrosa (Carballo) durante as obras de reforma da ponte
Patricia Iglesia urxe tomar medidas para permitir o acceso ás vivendas e aos negocios ata o remate das obras en novembro A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamentou a “falta de vontade política” amosada polo goberno galego a través de Augas de Galicia, o organismo responsable das obras de reforma da ponte da Milagrosa, en Carballo, …
O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta que consensúe cos propietarios a adquisición de terras do Parque Natural das Fragas do Eume
Julio Abalde pide unha compensación xusta para os propietarios que teñen as súas terras dentro do parque e que levan décadas vendo mermadas as súas parcelas O parlamentario socialista Julio Abalde pediulle hoxe á Xunta que acorde cos propietarios as terras nas que se estende o Parque Natural das Fragas do Eume e que aínda …
Obdulia Taboadela destaca que máis de 100.000 mozos e mozas da provincia da Coruña se poderán beneficiar do programa de Verano Joven e o Bono Cultural
Obdulia Taboadela, deputada socialista no Congreso pola provincia da Coruña, sinala que o programa Verano Joven e o Bono Cultural Joven “demostran o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa mocidade de toda España”.
O Grupo Parlamentario Socialista esíxelle á Xunta que asuma as súas competencias e garanta axudas para as mariscadoras do Burgo mentres se recupera a poboación de bivalvos
Julio Abalde reclámalle a Pesca que responda á proposta de Plan de traballo enviada pola Confraría e que “cambie confrontación por colaboración” polo ben das mariscadoras O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle hoxe á Xunta que deixe de confrontar e comece a colaborar apoiando ás mariscadoras da ría do Burgo mentres …
O PSOE de Sada traballa xa no proxecto dunha plataforma de baño que logrou no acordo dos Orzamentos 2024
O PSOE de Sada traballa xa no proxecto dunha plataforma de baño que logrou no acordo dos Orzamentos 2024
Bernardo Fernández Piñeiro celebra os investimentos do Goberno de España nas autovías da provincia
Para o secretario xeral do PSdeG provincial, estes investimentos “veñen confirmar o compromiso absoluto do Goberno de Pedro Sánchez coa nosa provincia e coa nosa terra” O Ministerio de Transportes de Óscar Puente destina 23,1 millóns a mellorar autovías galegas, entre as que se atopan tramos da autovía do Noroeste e da autovía Lugo-Santiago que …
O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle a Educación o desdobre da aula de Infantil do CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela para dar entrada a tódolos nenos e nenas
Julio Abalde sinala que a aula ten 12 prazas e 14 solicitudes, e a Xunta segue sen darlles solución aos 2 rapaces que deixan fora do centro O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle hoxe á Consellería de Educación que atenda á petición da Anpa do CEIP Mosteiro de Caaveiro e da …
El PSOE de Oleiros denuncia que el capricho del alcalde y la gestión chapucera del Multiusos van a costar 2 millones de euros más a los oleirenses que dejarán de invertirse en las necesidades reales de los vecinos
El Grupo Municipal Socialista en Oleiros ha examinado los informes técnicos sobre la obra del Multiusos y considera que es el ejemplo de la gestión negligente que hace Alternativa dos Veciños del dinero público desde hace años. Más allá de la cuidada y cara política de propaganda que también pagamos los vecinos la realidad de …
Besteiro e González Casares anuncian iniciativas parlamentarias en favor da protección das Fragas do Eume e de “compensacións xustas” aos propietarios de terreos dentro do Parque
O secretario xeral do PSdeG esixiulle á Xunta que asuma as contrapartidas aos afectados polas restricións no espazo natural, “como fan outras comunidades”. O candidato socialista denunciou que Galicia incumpre “sistematicamente” a Directiva Hábitats e só ten protexido o 13 % do territorio, lonxe do obxectivo do 20 %. A representante dos afectados: “Queremos dicir …
Albares, Nico Casares, Inés Rey e Besteiro piden o voto para o PSOE na Coruña para “dicirlle non á ultradereita e si á Democracia, á Igualdade e á Xustiza”
O líder dos socialistas galegos aféalle a Rueda e Feijóo que fixeran de “tradutores á súa maneira” na visita de Von der Leyen: “cando ela falaba de democracia e liberdade, eles omitían os seus pactos con Vox” O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu hoxe o voto nas eleccións europeas para “dicirlle …
O PSOE de Oleiros denuncia a manipulación do alcalde dunha pregunta presentada no Pleno para non falar da neglixencia no Multiúsos
Consideran que é unha cortina de fume para que non se fale dos graves problemas que agora califican como “imprevistos que van aumentar moito o custe da obra” do Multiusos de Bastiagueiro cando eles xa os coñecían dende hai anos porque hai un estudio xeotrécnico que así os detalla O Grupo Municipal Socialista ante a …
O PSOE de Malpica critica que o concello aumente a súa débeda a pesar de ter pagado uns 800.000 € da mesma no primeiro trimestre
O voceiro socialista local, Walter Pardo, sinala que “o Concello tiña unha débeda a finais do primeiro trimestre de 2.042.137,70€” fronte aos “1.410.221,88€ en total” do cuarto trimestre de 2023 O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños critica que o Concello estea a aumentar a débeda municipal, incluso cando no primeiro trimestre de 2024 pagou 801.912,83€ …
O PSOE de Coristanco presenta unha moción para que tres familias poidan matricular aos seus nenos e nenas no colexio Xosé Pichel
Coristanco “conta con varios centros educativos, e a escolarización en centros afastados dos domicilios ou centros de traballo supón un gran transtorno para familias e alumnado”, sinala José Manuel Pérez Abelenda
Os socialistas de Cambre esíxenlle á alcaldesa diálogo para poder acordar unhas contas
Poñen de manifesto que cumpriron “a súa palabra ao facilitar o nomeamento de María Pan, pero que iso non significa entregarlle un chegue en branco e ela trata de impoñer sen diálogo” O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cambre recordou hoxe, despois de que o pleno municipal rexeitase o orzamento que a alcaldesa someteu ao …