Tag: PSdeG-PSOE
O PSdeG denuncia a masificación e falla de seguridade nas liñas de autobús Coruña-Betanzos e Betanzos-Miño
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña manifesta a súa “profunda preocupación ante a deterioración do servizo de transporte metropolitano en varias liñas clave da área coruñesa, especialmente Coruña-Betanzos e Miño-Betanzos, onde nos últimos días se rexistraron situacións de masificación extrema”. Así o sinalou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, que afirmou que, segundo denuncian …
O PSdeG de Zas impulsa o Premio Isabel Suárez Amado para “seguir co seu legado”
O PSdeG-PSOE de Zas pon en marcha o Premio Isabel Suárez Amado, co obxectivo de “seguir co seu legado e mantela sempre no recordo, a modo de homenaxe permanente”. Así o deu a coñecer a secretaria xeral da agrupación socialista local Sheila Rial durante o acto de homenaxe a Suárez Amado celebrado na Casa do …
O PSdeG leva ao Parlamento unha batería de iniciativas para esixir á Xunta solucións urxentes ante o novo desprendemento no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
O PSdeG-PSOE anunciou hoxe o rexistro dunha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta de Galicia medidas inmediatas que garantan a seguridade no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, despois do novo desprendemento de falsos teitos nas súas instalacións, o segundo en apenas dous meses. Os socialistas consideran que este novo incidente volta poñer de …
O PSdeG de Ribeira denuncia a manipulación política do PP e esixe desculpas públicas a Vicente Mariño
A Agrupación Socialista de Ribeira quere expresar a súa condena ante calquera forma de acoso, pero tamén a súa máis firme negativa a aceptar acusacións falsas e manipuladas. O PSdeG e os simpatizantes non teñen realizado nin realizarán nunca ningunha acción de coacción ou intimidación contra ninguén. Resulta profundamente indignante e preocupante que o Partido …
O PSdeG de Coristanco critica a improvisación e o engano do goberno do PP
O PSdeG de Coristanco critica con dureza a forma de actuar do goberno municipal do Partido Popular, que vén de convocar un pleno extraordinario “con présa e sen planificación” unicamente para tapar un requirimento da Deputación da Coruña e incluír un proxecto “amañado e fóra de tempo” que non resolve os problemas reais da parroquia …
Os alcaldes socialistas de Ferrolterra reclaman máis medios e compromiso na loita contra o narcotráfico
Alcaldes e portavoces socialistas das comarcas de Ferrol, do Eume e de Ortegal reclámanlle ás diferentes administracións máis medios e compromiso na loita contra o narcotráfico. Fixérono nunha xuntanza xunto co delegado do Goberno, Pedro Blanco Lobeiras, na que se reivindicou tamén a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Ferrol, que conte …
O PSdeG de Zas homenaxeará este sábado a Isabel Suárez Amado na Casa do Pobo ás 18:00
O PSdeG-PSOE de Zas dedicará o Día da Muller Rural, celebrado o pasado día 15 de outubro, á zaseira Mª Isabel Suárez Amado, cunha homenaxe que terá lugar este sábado 18 de outubro. A Casa do Pobo, na Rúa Agra dos Cregos, acollerá ás 18:00 do sábado o acto e a entrega á familia dun …
Concentracións en contra do xenocidio do pobo palestino
A Plataforma PararLaGuerra convoca durante esta fin de semana unha serie de concentracións en toda España, en contra do xenocidio do pobo palestino e por unha paz xusta. O Partido Socialista, entre outras moitas organizacións apoiará estas accións. As concentracións en Galicia serán todas o venres día 17, e estas son as que terán lugar …
O PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” das inmediacións do campo de fútbol e o CEIP da Barqueira
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” no que se atopan as inmediacións do campo de fútbol municipal Bernardino Breijo e o CEIP da Barqueira. En palabras do voceiro socialista local Brais Prieto, “o estado da contorna do campo de fútbol da Barqueira e do colexio súmase ao estado de abandono xeral en …
O PSOE de Ordes denuncia a responsabilidade e falta de transparencia do Concello tras descubrirse o criadeiro ilegal
O PSdeG-PSOE de Ordes esixe transparencia ao Concello e que actúe tras o descubrimento dun criadeiro clandestino no municipio. Dende a agrupación socialista local manifestan a súa preocupación polo brutal caso de maltrato animal, xa que no criadeiro ilegal se localizaron centos de animais mortos e outros moitos en condicións críticas. Reclaman ao Concello que actué …
O PSOE de Carballo lamenta que o novo alcalde xure a Constitución por imperativo legal: “nesta cuestión non pode haber medias tintas”
O PSdeG-PSOE de Carballo lamenta que o novo alcalde do BNG no municipio, Daniel Pérez, optase por estrearse no cargo xurando cumprir a Constitución Española “por imperativo legal” no pleno de investidura. A voceira socialista local María Carmen Vila afirmou que “nesta cuestión non pode haber medias tintas, ou estás coa Constitución que garante a …
Silvia Longueira acusa á Xunta de “non defender fondos e parcelas públicas” ante o risco de non perder 10 millóns de euros en Xuxán
A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, acompañada polo eurodeputado Nicolás González Casares, mantivo un encontro cos cooperativistas de Xuxán para analizar a situación do proxecto das 214 vivendas de alugueiro social e o risco de perder 10 millóns de euros en fondos Next Generation debido aos atrasos na súa execución. Galivivienda, sociedade cooperativa …
O PSdeG reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da ría de Ferrol “de maneira inmediata”
O PSdeG-PSOE reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da Ría de Ferrol logo da reclasificación como zona C de boa parte do banco marisqueiro das Pías. Así o sinalou o deputado no Parlamento galego Aitor Bouza, que explicou que INTECTMAR detectou nas súas análises “niveis de contaminación que eran incompatibles co …
O PSdeG denuncia que o servizo de transporte escolar adaptado da Xunta obriga a alumnado con discapacidade a saír antes de tempo das clases
O PSdeG-PSOE denuncia que o servizo de transporte escolar adaptado da Xunta de Galicia está a obrigar que alumnos e alumnas con diversidade funcional abandonen as clases antes de tempo para poder facer uso do mesmo. O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza faise eco do caso dun alumno do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso …
O PSOE de Cambre denuncia “a ruptura unilateral do diálogo do goberno do PP co persoal municipal”
O Grupo Municipal Socialista de Cambre reuniuse con representantes do persoal municipal tras a ruptura unilateral do diálogo con estes por parte do goberno do PP, unha decisión que “xerou un profundo malestar e que demostra, unha vez máis, a incapacidade do actual equipo de goberno para xestionar con rigor e empatía”. Así o afirmou …