Tag: Política Municipal
O PSOE de Sada reclama que o concello “proporcione a documentación dos proxectos en tempo e forma para poder valorar o que se está a apoiar”
-O secretario xeral local Manuel Ángel Gende Penas amosa o seu apoio “á ampliación do CEIP Sada e Contornos, pero antes de votar hai que saber que se vota” O PSdeG-PSOE de Sada amosou no pleno extraordinario celebrado hoxe o seu apoio á ampliación do CEIP Sada e Contornos, votando a favor do expediente de …
O PSOE de Mugardos propón “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”
O PSdeG-PSOE de Mugardos propón ao BNG e a Esquerda Unida conformar “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”. O Partido Popular goberna Mugardos en minoría con 6 concelleiros, mentres que o BNG conta con 3 edís, o PSOE tamén con 3, e EU con 2. “Para saír desta situación, as …
O PSOE denuncia que o concello de Abegondo acumula 25 obras do Plan Único sen executar dende o ano 2020
-Jairo Bello denuncia “catro anos de parálise” e advirte que o 30 de novembro os veciños de Abegondo perderán os proxectos do 2020 non realizados “ao esgotarse as prórrogas legais” -As 25 obras sen executar, que suman un investimento superior aos 1,5 millóns de euros, están incluídas nos POS de 2020, 2021, 2022, 2023 e …
O PSdeG de Coristanco reivindica que as patacas colleitadas na finca de propiedade municipal sexan destinadas aos comedores escolares e persoas en risco de exclusión
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para reclamar que as patacas cultivadas en terreos de propiedade municipal sexan destinadas a fins sociais. Segundo explica a moción, o 30 de decembro de 2022 o Concello acordou a adquisición unha finca cunha superficie de 5.212 m2 situada no lugar de …
O PSOE de Rianxo critica a xestión económica do goberno de Julián Bustelo por acumular 125 días de pago medio a provedores
Rianxo. O grupo municipal socialista de Rianxo denuncia unha preocupante situación económica derivada da mala xestión do goberno liderado por Julián Bustelo, que pecha o terceiro trimestre de 2024 cun pago medio a provedores de 125 días. Este dato supón un incumprimento flagrante dás obrigas municipais, prexudicando gravemente ás empresas e autónomos que traballan para …
O PSOE de Coristanco propón no pleno diversas obras ao cargo do POS 2025 da Deputación da Coruña
-Estas obras inclúen a creación e mellora de dúas áreas de descanso biosaudables, a construción dunha pista de pádel na Rocheira e a mellora de camiños en diversos lugares do municipio O PSdeG-PSOE de Coristanco propón no pleno municipal diversas actuacións a realizar con cargo ao Plan Único 2025 da Deputación da Coruña. O voceiro …
O PSdeG provincial denuncia na Laracha a negativa do alcalde a negociar coa Policía Local e a falta de axentes no municipio
-A voceira socialista local Inés Ramos López destacou que os axentes “simplemente piden unha equiparación ao resto de postos de traballo do Concello” -O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro lamentou que o Concello “está tendo moitos problemas actualmente para garantir a seguridade dos veciños e as veciñas por culpa da decisión do alcalde” -O …
Os socialistas de Cerdido lembran que “o alcalde prometeu que a piscina municipal estaría aberta hai xa case un ano”
Os socialistas de Cerdido critican que o alcalde do PP, Alberto Rey, “demostra de novo a súa falta de palabra coas obras da piscina municipal”. “En agosto de 2023 dixo que en setembro comezaría a obra para ter a piscina en funcionamento a principios deste ano”, asegura Brais Prieto, portavoz do PSdeG en Cerdido. “Lamentamos …
O PSdeG provincial insta ao alcalde de Curtis “a crear un servizo de Policía Local”
A Agrupación Provincial Socialista da Coruña comprende e respalda a preocupación do alcalde de Curtis pola seguridade, pero insta a Javier Caínzos a poñer en marcha un servizo de Policía Local. O corporación municipal aprobou recentemente de xeito unánime unha iniciativa instando ao mantemento do cuartel da Garda Civil, unha petición que os socialistas suscriben, …
O PSOE da Laracha advirte de que “a veciñanza e as empresas larachesas van ser vítimas do sablazo do Partido Popular”
Inés Ramos López, voceira do PSdeG-PSOE da Laracha, alerta do “desenfrenado incremento de impostos que van a pagar a veciñanza e empresarios de Laracha”. “É un sablazo fiscal, unha subida que vai danar a economía da veciñanza sen un retorno xustificado. É unha medida que demostra o libre albedrío co que goberna José Manuel López …